Recomendacións de bd para o Apalpador (II)

CAU-metropoles-delirantesEl azote del terror C.A.U. – Benjamin Marra.

El Azote del terror é o nome que recibiron os comandos que creou o infame George W. Bush para loitar contra o terrorismo despois do 11-S. Marra crea unha novela gráfica que parodia despiadadamente a política exterior dos norteamericanos, a súa peculiar cruzada antiterrorista e o heroe “machodecuero” utilizando a exaxeración e a sátira e sobre todo o humor máis extremo e absurdo, aderezado con violencia e todo tipo de clichés típicos de espias, todo mesturado para dar nunha sorte de  psicodelia de aventuras que ben poderian ser a pura verdade da esquizofrenia na que viven os ianquis. Non é un libro apto para menores.

destino-herguss-metropoles-delirantesDestino Hërgüss – Manel Cráneo.

A primeira novela gráfica dentro do fascinante universo do Planeta Mïncha está protagonizada por Pichük e Tombö, que competirán por un posto dentro do prestixioso Ministerio de Ciencia, para acadalo terán que viaxar ata unha das zonas máis inhóspitas deste planeta para pasar unha tempada nunha base científica en Hëlüs.

Cráneo narra con mestría unha historia adulta cun excelente debuxo un dominio marabilloso das cores e os escearios e ata cunha banda sonora musical composta ad hoc.

Manel Cráneo é un dos poucos autores que se atreve cun universo propio que ademais de marabilloso é personalísimo o que ratifica o gran autor que é. Destino Hërgüss é unha fantástica obra de ciencia-ficción cun ton de thriller moi ben tratado.

equinoccios-metropoles-delirantesLos Equinoccios – Cyril Pedrosa.

Pedrosa despois do anterior e excelente “Portugal” volve cunha obra coral de gran extensión e dunha fermosura gráfica que é sublime. Un libro conmovedor dunha intensidade e sensibilidade narrativa únicas, con ilustracións, secuencias mudas, textos narrativos e banda deseñada.

O relato atravesa en catro estampas as catro estacións nas que personaxes de todo estilo e condición vanse cruzando e relacionando con Vincent, un ortodoncista de mediana idade e Louis un ex militante desencantado coa política e que coñecemos a través da cámara de Camille, unha moza na trintena que non sabe que facer coa súa vida e que completa o trío principal de Los equinoccios.

Urbicanda-metropoles-delirantesLa fiebre de Urbicanda – Schuiten e Peeters.

Reedición do segundo número do ciclo das cidades escuras, un imprescindible que foi premiado en Angouleme en 1985.

A historia comeza cando ao arquitecto Rodick chégalle una extrana estrutura cúbica dun material descoñecido, o cubo literalmente medra como se fora un ser vivo e ó ir medrando atravesa calqueira obxecto, a estrutura sobrepasa a oficina de Rodick e invade a cidade.

O cubo provoca a caída da oligarquía dirixente pola falta de explicación e nula capacidade de resposta á misteriosa estrutura, e todo resulta nunha revolución, xa que a estrutura altera a separación clasista entre as partes da cidade que antes estaban separadas fisicamente por un río sen apenas pontes.

A obra que gráficamente é deliciosa, maxistral, elegante e cun debuxo pulcro e perfecto nas proporcións e nas perspectivas non desmerece no literario pois móvese hábilmente da sátira socio-política á reflexión filosófica sen perder nunca o ritmo narrativo.