Recomendacións de bd para o Apalpador (IV)

El-mundo-a-tus-pies-metropoles-delirantesEl mundo a tus pies – Nadar.

Esta é a segunda obra de Nadar despois do seu excelente debut na bd co interesante Papel estrujado (2013).

Agora cóntanos tres historias independentes que son a dura crónica destes anos nos que a estafa que chaman crise levou por diante os soños de moita xente, especialmente dos máis novos, creando unha xeración sen futuro, e berra a través dos seus personaxes o que pensa da sociedade que vivimos e da inxusta situación económica que vive a súa xeración.

A primeira historia é a do emigrante, unha saída que ten un alto prezo, a perda da persoa amada, a segunda é a da oportunidade financeira en forma de negocio inesperado, pero no que hai que sacrificar a ética e para a última protagonista a sensación de opresión da vida roubada que a fai cada vez máis incómoda e que estoupa nunha reunión familiar

Nadar da un paso adiante como narrador e na parte gráfica evoluciona con respecto o anterior traballo e incorpora a cor nun libro que sorprende e remexe por dentro.

NecropolisNecrópolis – Marcos Prior.

En Necrópolis a policía é incapaz de resolver e protexer os cidadáns dos terríbeis crimes que se cometen durante os frecuentes e inexplicables apagóns así como das loitas das bandas polo territorio e os roubos.

Nese caldo de cultivo perfecto as patrullas urbanas coas súas accións, multiplican a inseguridade que forma parte dos discursos dos candidatos á alcaldía da cidade.

David Rubín di desta obra: “Cada verba, cada frase, cada viñeta, cada páxina desta obra é un trunfo da intelixencia, unha celebración do cómic como medio de comunicación. Marcos pariu unha obra necesaria e que, pese a ser de rabiosa actualidade, atrévome a prognosticar que seguirá sendo actual dentro de 15 ou 20 anos”.

NomepeguesNo me pegues que llevo gafas – Jorge Monlongo.

Este é un divertido retrato do hipsterismo no que o seu autor demostra estar especialmente dotado para a retranca e facer brincadeira dos estereotipos. A barba, as gafas de pasta, a roupa, o gin-tonic botánico, todo sae nesta sátira moderna.

No me pegues que llevo gafas é a historia de Niña Hipster e Gay En Shorts, e do fanzine que intentan facer xuntos estilo “old school” con grampas e fotocopias.

A partires dese momento veremos personaxes, a cada cal máis surrealista pero todos perfectamente cribles, e as típicas situacións da modernidade máis “in”, a exposición, o evento fancineiro, o concerto, momentos que o autor aproveita para rir e atacarnos sen piedade con humor e ironía.

Jorge Monlongo ilustrou textos para El País e outra publicacións, debuxou a serie Distrito Harrigan na revista El Manglar, E publicou nos Estados Unidos as adaptacións a cómic de Hello Kitty, Mameshiba, Vaca y Pollo e de Mr. Peabody & Sherman.

pablo_janePablo & Jane – José Domingo.

Nunha chuviosa tarde de domingo, Pablo e Jane están aburridos na casa e xa xogaron a tódolos seus xogos, lido tódolos seus libros e non lles queda ningún recuncho do vecindario por explorar. Excepto un: a vella casa da colina co seu misterioso fulgor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará ata a máis terrorífica das viaxes: á Dimensión dos Monstros.

Para volver a casa e liscar da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxala Máquina do Aire Fantástico atopando as pezas agochadas en lugares coma o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidiar cos troles trituradores de Noruega, os cosacos corta pescozos de Moscú, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawái.

José Domingo é un autor dotado de unha capacidade creativa fora do común, esta obra visualmente magnífica vai dirixida ao lector infantil un libro híbrido, que mestura banda deseñada, ilustración e xogos interactivos. Unha festa na que as cores, os monstros, e os hipnóticos debuxos e os xogos integrados na aventura, fan deste libro o ideal para espertar o gusto pola lectura e os cómics nos pequenos da casa.

TylerCross2Tyler Cross, Angola – Fabien Nury e Brüno.

Tyler Cross está na cadea tras saír mal un golpe aparentemente (como non) sen risco, para sobrevivir no cárcere terá que usar toda a súa intelixencia, a complicada situación agravase coa calor húmida do estado de Louisiana e ás malas condicións do penal, e por riba a mafia ten posto prezo á súa cabeza.

Nury e Brüno acadaron co primeiro volume de Tyler Cross un dos mellores albumes do 2014 naquela novela gráfica mesturaban o western e o xénero negro máis clásico e neste segundo libro volven a facer unha homenaxe en viñetas o cinema clásico. Angola sigue fiel ó espírito do personaxe, un duro na liña do Clint Eastwood máis setentero. Os ingredientes son sinxelos, un bo guión ben narrado, o excelente traballo gráfico de Brüno e un ritmo vibrante, unha fabulosa composición de páxina e o unha pingas dos códigos clásicos do xénero.