Segundo Ilustratón en Vilagarcía de Arousa

Ilustraton2015O Ilustratón é un evento autoxestionadono e un experimento, tanto no formato como no espazo, e existe porque din os organizadores que o oficio de ilustrador é unha profesión pouco coñecida e pouco valorada, por iso existe o Ilustratón para amosalo traballo que fan os ilustradores e darlle saída, porque a ilustración tamén pode se un gran agasallo ou simplemente polo pracer e o “sano hábito de ver, gozar e mercar ilustracións”.

Neste evento poderemos achegarnos ó trabajo primixenio do ilustrador, aos bosquexos, ilustracións preliminares, e tamén a trabajos persoais que se poñen á venda cun un prezo unitario de 20€. Tamén haberá un mercadiño-exposición de obra editada e productos ilustrados durante tres semanas. Amáis o ilustratón incorpora outras actividades como a música  con Edu de Perfect Strangers,  contacontos para adultos a cargo do Colectivo Lareta, e tamén para cativos con Fátima Iglesia. E  dous obradoiros de ilustración, un dirixido a cativos e outro a adultos impartidos por Marthazul e Augusto Metztli.

A modo de colofón está previsto pintar varias cristaleiras da ciudade, e facer un paseo polo mercado cun grupo de debuxantes facendo pequenos debuxos dos postos, da ciudade e da xente. Na clausura do eventosortearase o cuadro “Agua de vida” para o que se están a vender rifas (coas que financiar o evento).

PROGRAMA

Sábado 12 de decembro.

  • 19:00hrs. Inauguración da exposición e venda de ilustracións de máis de vinte autoras e autores de Galicia, Barcelona, México e Venezuela.
  • Música: Edu de Perfect Strangers.

Sábado 19 de decembro.

  • 20:00hrs. Contacontos para adultos O Colectivo Lareta.

Martes 22 de decembro.

  • 11:30hrs – 13:00hrs Obradoiro de ilustración para cativos, por Marthazul e A. Metztli.
  • 13:10hrs – 13:40hrs Contacontos para cativos por Fátima Iglesia.

Luns 28 de decembro.

  • 19:00hrs – 20:30hrs. Obradoiro de ilustración para adultxs, por Marthazul e A. Metztli.

Domingo 3 de xaneiro.

  • 19:00hrs – 20:30hrs. Sorteo e clausura do Ilustratón (Non haberá acto, só se grabará o sorteo do cadro).

Tódalas actividades desenvolveranse en Dalleqdalle coworking, na rúa Méndez Núñez, 2, 2ª Pranta, Vilagarcía de Arousa.