Tenderete 11

Tenderete11-metropoles-delirantesA décimo primeira edición do Tenderete será os días 4 e 5 de Xaneiro no espazo cultural Las Naves.

O cartaz deste ano ven cargado de grandes nomes tanto a título individual coma editorial chegados dende todo o estado, mais tamén dende outros países europeos, así Francia, Reino Unido e Portugal estarán nesta edición do Tenderete. Dende Galiza estará presente Fosfatina, a editorial viguesa que a pesares de levar pouco máis de dous anos traballando, xa atopou o seu oco no mercado das publicacións máis na vangarda. Tamén estará o fanzine Nimio que ten unha boa representación de autores galegos. A título individual, a artista Roberta Vazquez tamén estará en Valencia.

Xa van once edicións do Tenderete un evento organizado polo colectivo Vendo Oro e Unión Sonográfica del Este e que pivota arredor de dous eixos fundamentais, por unha banda, charlas e obradoiros e por outro o mercadiño.