Hermann, Grand Prix de Angouleme 2016

Hermann1-Metrópoles DelirantesHermann naceu en Bélxica no ano 1938, é debuxante e guionista.

Aínda que non tiña ningunha intención de adicarse á bd, foi o seu cuñado Philippe Vandooren, redactor xefe da revista Spirou, quen o animou cando veu os debuxos que facía no seu traballo de decorador, así comeza a compaxinar o seu traballo matinal coma decorador co debuxo de cómics.

Coñece a Greg, que o convida a traballar a media xornada no seu estudio, logo dun tempo de aprendizaxe, comeza a publicar na revista Tintín a serie Bernard Prince con guión do propio Greg, co que tamén comeza, pouco despois, a serie Comanche.

No 1977 inicia a súa primeira serie en solitario, Jeremiah.

No 1982 deixa definitivamente Comanche e no 1984 comeza outra das súas grandes obras a serie Les Tours de Bois-Maury, de ambientación medieval.

No 1991 fai a primeira obra de volume único, Missié Vandisandi, que ambienta na África colonial, e en 1995 publica Sarajevo-Tango, onde denuncia a guerra da ex-Iugoslavia.

No ano 2000, e sen deixar de facer obras coma autor completo, comeza a colaborar co seu fillo Yves co que xa creará fixera un álbum no 1995. Desta sociedade saen varias obras e a colaboración aínda continua.

Bibliografía (seleccionada):Hermann2-Metrópoles Delirantes

  • Bernard Prince (Guión: Greg) 1969–1980.
  • Comanche (Guión: Greg) 1972–1983.
  • Jugurtha 1975–1977.
  • Jeremiah 1979- Actualidade.
  • Les Dalton (Guión: Yves Duval) 1980.
  • Les Tours de Bois-Maury 1984–2006.
  • Missié Vandisandi 1991.
  • Sarajevo Tango 1995.
  • Le secret des hommes-chiens (Guión: Yves Huppen) 1995.
  • Caatinga 1997.
  • Wild bill is Dead 1999.
  • Liens de sang (Guión: Yves Huppen) 2000.
  • Lune de guerre (Guión: Jean Van Hamme) 2000.
  • Manhattan Beach 1957 (Guión: Yves Huppen) 2002.
  • Afrika 2007.
  • Le diable des sept mers (Guión: Yves Huppen) 2008–2009.