Náufragos é a obra gañadora do IX Premio Fnac-Salamandra Graphic

Fnac-salamandra--Metrópoles DelirantesA obra ‘Náufragos’, de Laura Pérez e Pablo Monforte, é a gañadora do premio Fnac-Salamandra graphic, un dos mellor dotados economicamente do estado e dos máis concorridos, nesta edición presentáronse 152 proxectos.

O xurado, formado por Sigrid Kraus (Directora editorial de Ed. Salamandra), Víctor Moreno (Responsable de Acción Cultural de Fnac España), Pili Muñoz (Directora da Maison des Auteurs de Angoulema), Tereixa Constenla (xornalista de Cultura de El País) e Álvaro Pons (Crítico), decidiu outorgar por unanimidade o IX Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Salamandra Graphic a Náufragos de Laura Pérez e Pablo Monforte pola “súa brillante reflexión sobre a memoria e o pasado, desenrolado dende unha narración de coidado grafismo de gran potencia poética”.

O premio está dotado con 10.000 euros e a publicación da obra por Salamandra Graphic en novembro de 2016.

O xurado fixo unha mención especial ao proxecto La sangre extraña de Sergi Puyol, “unha arriscada incursión na relación do onírico e o real”.