Quinto número de “CuCo, Cuadernos de cómic”

CuCo5--Metrópoles DelirantesAínda que o panorama da bd no estado español non é tan cativo coma noutros países europeos, tampouco é tan brillante coma debera (ou quixeramos), a industria (a meirande parte) vive no fío do gume da navalla económica, editoras ben asentadas coma Astiberri ou La Cúpula fan malabares para sacar adiante as novidades e xa non digamos empresas de tamaño moito menor coma Fosfatina. Vivimos nun precario equilibrio e coa sensación que a bd do estado español máis que navegar, simplemente aboia (e menos mal).

Por iso é que os que amamos este medio non podemos mais que parabenizar e agradecer a xente que non deixa de traballar pola bd, e mais aínda cando coma neste caso é de balde para os lectores, facendo un traballo desinteresado (só no económico), mais dunha fondura intelectual, documental e divulgativa abraiante nun medio, repetimos, de balde.

É admirable o traballo que fan dende CuCo (cuadernos de cómic); publicar dúas veces no ano unha revista académica (que saibamos a única) centrada no mundo do cómic, é unha tarefa titánica na que se embarcan coñecidos críticos, divulgadores e estudiosos do medio, dirixidos magnificamente por ese dúo de imprescindibles e incansables da bd que son Gerardo Vilches e Octavio Beares.

Aínda que case no tempo de desconto veñen de publicar o quinto número desta publicación, como anuncian eles mesmos “xusto a tempo para cumprir o noso compromiso de editar dous números anualmente”.

Desta volta con:

Tres estudos

  • Pumby, a creación de José Sanchis.
  • As autoras de cómic da transición española.
  • Akira, a obra de Katsuhiro Otomo.

Dúas entrevistas:

  • Richard McGuire, o autor da recentemente publicada novela gráfica Aquí.
  • José Domingo, o autor de Aventuras de un oficinista japonés e a recente Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos.

Unha sección de crítica:

  • Las meninas
  • La casa
  • Batgirl
  • Por sus obras le conoceréis.

Cuadernos de cómic podedes descargala dende aquí.

Unha reflexión sobre “Quinto número de “CuCo, Cuadernos de cómic”

Os comentarios están pechados.