Convocado o IX Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados

ix Premio compostela-Metrópoles DelirantesO Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa editorial Kalandraka, veñen de convocar o IX Premio Internacional COMPOSTELA para álbums ilustrados, o gañador será publicado pola editorial e amais levará un premio de 9.000€.

Aquí poñemos un resumo das bases:

1- Poden optar ao premio todas as obras que se poidan incluír na categoría de álbum ilustrado: un libro no que o relato se conta a través de imaxes e textos, de tal maneira que ambos os dous se complementen.

2- As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas. Non se admitirán aquelas que sexan adaptación doutros orixinais ou as obras que fosen premiadas ou mencionadas noutros concursos. Tampouco se admitirán as obras que teñan máis de tres ilustracións publicadas en Internet.

3- Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato, pero a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas).

4- Os/As autores/as que opten ao premio deberán presentar:

  • Cinco copias do texto.
  • Tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas. No caso de utilizarse técnica dixital, admitiranse impresións da obra en alta resolución.
  • Unha maqueta acabada do proxecto que se presenta.

5- Os traballos serán remitidos ou entregados no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (Rúa do Presidente Salvador Allende núm. 4, 15705 Santiago de Compostela. A Coruña. España). No sobre especificarase obrigatoriamente «IX Premio Internacional COMPOSTELA para álbums ilustrados». Nos sobres que se entreguen a través de axencias de transporte non deben aparecer os nomes dos autores/as.

6- O prazo de presentación de orixinais remata o 7 de marzo de 2016. O selo postal non debe ser posterior á data do último día de entrega.

7- O/A autor/ra comprométese a entregar a obra rematada antes do 2 de setembro do 2016.

8- A decisión do xurado farase pública na primeira quincena de abril.

9- O premio poderá declararse deserto e a decisión do xurado será inapelable.  

10- Establécese un único premio, dotado de 9000 E, en concepto de adianto polos dereitos de autor. A concesión da subvención queda condicionada á existencia de crédito na partida económica do ano 2016.

11- A obra premiada será publicada en todas as linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka no mes de outubro do ano 2016

Aquí as bases completas.