Metrópoles Delirantes 46 – Miguel Porto

Allen-Miguel Porto-Metrópoles DelirantesRepasamos a todo filispín os premios de Angouleme, nunha edición con máis polémicas que un partido de futbol. O Sr B fai imprescindible Comanche, unha magnifica obra ambientada no Oeste norteamericano obra do recén premiado Hermann. Falamos longo con Miguel Porto, do seu último traballo para os  USA e da súa faceta docente no Garaxe Hermético de Pontevedra. Despedimos con Javi de A Gata Tola que ven coas novidades e todo salseado con música boa.

As músicas desta emisión son:

  • Gipsy Kings – Hotel California.
  • Neu! – Hallogallo.
  • Siniestro Total – Me pica un huevo.
  • Ponderosa – Pistolier.
  • Solveig Sandnes – Mon ami de l´Ouest.