Autobom 2016

O Autobom xa está aquí, e vaise celebrar os vindeiros venres 18 e sábado 19, na nave 1839 (Estación do tren) e na cafetería La maleta (Orzán 10).

Esta é a programación.

Autobom-Metrópoles DelirantesVENRES 18 de marzo |  Nave 1839 (Estación do tren).

19:30 | ENCONTRO DE FANZINERXS.

Recepción de los participantes no Autobom e público en xeral. Apertura do stand de fanzines comunitario e o posto de merchandising. Haberá música festiva e picoteo.

20:00 | PROXECCIÓN e PRESENTACIÓN | Sangue de alicorno.

Alberto Vázquez, gañador dun Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2012, presenta Sangue de alicorno, o seu último traballo nese formato. Poderemos gozar da multipremiada curta e coñecer e escoitar ao autor. Actividade de entrada libre e de balde.
21:00 | CONCERTOS ILUSTRADOS | Hongo e Mano de obra.

Dúas magníficas actuacións musicais: Hongo e Mano de obra. Con debuxos en directo de distintxs debuxantes: Luis Sendón, Silvia Blackened, Paula Fraile e Martin Romero.
Venda de rifas para o sorteo das obras realizadas. Os ingresos axudarán a pagar os custos do Autobom. Entrada: 5€; a recaudación será íntegramente para os grupos.

STAND DE FANZINES.

Stand de fanzines varios, e tamén de productos do Autobán. Se queres participar e poñer á venda a túa publicación, escríbenos a autoban.bd@gmail.com.

SÁBADO 18 de marzo | La Maleta (Orzán 170).

12:30 – 21:30 | MERCADIÑO DE FANZINES e cómic de autor.

O Mercadiño de fanzines ofrece a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais.

12:30 – Peche | EXPO EXPRÉS | Cúbreme de cartos.

Consistirá nunha exposición interactiva de venda de obras de Jano. Poderás elixir a obra que che guste e descolgala da parede para levala a casa; a cambio, só terás que donar unha cantidade a túa elección, seremos quen de cubrir de cartos ao artista.

13:15 | MINIBÁN CON TATI.

Ao mediodía celebraremos o Minibán, que consistirá nun contacontos a cargo de Tati, que combinará a narración coa ilustración. Será un evento para toda la familia.

17:30 | AUTOLAB.

O sábado pola tarde faremos unha serie de exercicios de estilo coa axuda da xente de LabOu. Son exercicios divertidos que permiten facer un cómic entre varias persoas de xeito rápido, ameno e colaborativo.
El resultado publicarase na web e redes sociais do Autobán.

19:30 | PRESENTACIÓN | Permanezan nos seus asentos.

Permanezan nos seus asentos é un cómic editado por Fosfatina e debuxado por Jano, con maquetación e deseño de Cristo Aleister.

20:15 | MESA REDONDA | Animal Collectives: autoedición como experiencia colectiva.

O mundo do cómic, e en particular o da autoedición, foi abordado de xeito habitual como unha experiencia colectiva. ¿Por qué agruparse dentro dun proxecto común? ¿Cal é a filosofía deste tipo de estruturas? ¿Cómo se xestionan?.
Participan Álvaro López (Polaqia e Altar Mutante Comix), Xulia Pisón (Miñoco), Rubbenheim Romero (Fosfatina) e Alejandro Gaudino (Taiga zineCabeza de Corte Aéreo). Modera Kike Benlloch.

23:30 | FIESTA POLAQA.

Polaqia foi un colectivo de 12 autorxs que conseguiron extender o seu proxecto editorial autoxestionado ao longo dunha década, con 16 números publicados do seu fanzine Barsowia, aos que habería que sumar outros títulos de autores diversos. Amáis, eran famosos polas suas festas multitudinarias durante o fin de semana do Viñetas desde o Atlántico.
A xeito de peche deste Autobom organizaremos unha festa onde non faltará a diversión, o picoteo, os sorteos e máis sorpresas, todo amenizado con boa música e polaqos.

ACTIVIDADE EXTRA | Exposición “Extraños Desenhos”.

Mglon (Leandro Gado) presenta a exposición de debuxos “Extraños Desenhos” no Ledicia Café, xusto a beira de La Maleta. A exposición pode visitarse dende o 5 de marzo ata o mes próximo.