Residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs 2016-2017

Maison des auteurs-Metrópoles DelirantesAcción Cultural Española (AC/E) e a Cité internationale de la bande dessinée et de l’image, coa colaboración do Institut Français de España, organizan unha residencia para un autor/a español de novela gráfica na Maison des Auteurs en Angoulême.

A residencia ten como obxectivo promover a creación no ámbito específico da novela gráfica. A persoa que resulte elixida gozará da residencia na Casa dos Autores (La Maison des Auteurs) de Angoulême (Francia). (entre decembro de 2016 e marzo de 2017).

A residencia inclúe.

  • Aloxamento nun piso de 3 habitacións a compartir con outro residente (dous dormitorios) no centro de Angoulême (electricidade, gas y agua por conta do residente).
  • Dispoñibilidade dun obradoiro (persoal ou colectivo) equipado de material de creación gráfica na Maison des Auteurs.
  • Un importe de 1.000 euros ao mes destinado a cubrir os gastos de manutención, transporte local, consumos de auga, gas e electricidade.
  • Billete de tren ou avión ida e volta en clase económica da cidade de residencia en España a París, así coma un billete de tren ida e volta de París a Angoulême. Datas de residencia de dicembro de 2016 a finais de marzo de 2017.
  • En ningún caso a estancia poderá ser fraccionada.

O prazo para a presentación de inscricións remata o 08 de maio de 2016.

Os candidatos deben presentar:

  • Ficha de solicitude debidamente cumprimentada.
  • Un proxecto de libro de novela gráfica, de carácter narrativo cun cronograma aproximado de realización.
  • Describir o proxecto sobre o que se vai traballar na residencia: escrito dun máximo de 10.000 caracteres, acompañado de debuxos, bosquexos, deseños e tres páxinas consecutivas e completas do proxecto (presentación do dosier en soporte informático).
  • Curriculum vitae, adxuntando algúns traballos representativos.
  • Unha carta de motivación.
  • Declaración xurada de que o candidato é o único autor das obras presentadas.
  • Ser maior de 18 anos e non ter sido xa beneficiario dunha residencia na Maison des Auteurs de Angoulême.
  • Ser de nacionalidade española ou estar en posesión dun N.I.E. (Número de Identidade Estranxeiro.

As persoas interesadas deben enviar a súa candidatura ó seguinte enderezo de correo electrónico: residenciasliteratura@accioncultural.es indicando no asunto ‘Residencia de novela gráfica en la Maison des Auteurs 2016-2017’.

Requisitos.

  • Ser maior de 18 años y non ter sido xa beneficiario dunha residencia na Maison des Auteurs de Angoulême.
  • Ser de nacionalidade española ou estar en posesión do N.I.E.(Número de Identidad Extranjero).
  • Acreditación de estar en posesión da tarxeta sanitaria europea ou dun seguro médico que cubra as eventualidades médicas que podan xurdir durante el periodo de residencia.

O Comité Asesor de AC/E en España realizará unha preselección entre as candidaturas recibidas. Nunha segunda etapa, o xurado da Maison des Auteurs seleccionará o/a candidato/a final e formalizará directamente co/a elixido/a as condicións da residencia. O xurado que fará a selección estará composto por debuxantes, guionistas e críticos especializados de recoñecido prestixio, o fallo será inapelábel. Os resultados serán anunciados, na páxina web de AC/E, antes do 15 de xullo de 2016. Ningún resultado será comunicado por teléfono.

Para máis información:

AC/E: ainhoa.sanchez@accioncultural.es / www.accioncultural.es

Maison des auteurs: pmunoz@citebd.org / www.citebd.org