“Uxío Novoneyra, A voz herdada” consigueo de balde

Uxío Novoneyra-Metrópoles DelirantesAínda que non se publicita, podes conseguir o fabuloso libro Uxío Novoneyra, A voz herdada, debuxado por David Rubín e guionizado por Kike Benlloch de balde na libraría institucional da Xunta de Galiza.

O proceso é algo tedioso (mais non dificil) pois a páxina da libraría ten un sistema de pagamento que facilita pouco as cousas. Só hai que dar dous pasos, dar de alta unha conta de usuario e  pagar os gastos de envio. Podes facelo de forma telemática con tarxeta ou de forma presencial (facendo o ingreso nunha oficina e logo completando os datos na web).

PagoUxioNovoneyraO único que hai que pagar no caso deste libro son os gastos de envio, 2€ e unha comisión bancaria (como non) que no noso caso foi de 0,60€.

Este libro é unha obra moi singular e foi unha iniciativa vencellada ao Día das Letras Galegas do ano 2010 que foi adicado ao xenial poeta do Courel. Esta banda desenhada tivo un curto percorrido público e vive “secuestrado” no limbo dos almacéns das institucións, do que agora podemos rescatalo.

David Rubín escribía esto sobre o libro no seu blogue: “Kike e eu decidimos non centrar exclusivamente a obra na figura e obra de Novoneyra, senón que creamos como fío condutor do relato a un personaxe ficticio; Celestino, e contemplamos, ao longo da vida de Celes, dende a súa nenez nos anos 50 ata a súa vellez, neste 2010, a vida e a obra de Novoneyra. Mostramos ao poeta dende o punto de vista do lector, creamos unha historia ficticia pero emocionante para a través dela relatar a do poeta do Courel; real, viva.”

Entrevista de Edu Maroño aos autores.

Ligazón directa ao libro na Libraría Institucional.

 

Unha reflexión sobre ““Uxío Novoneyra, A voz herdada” consigueo de balde

  1. Pingback: “Uxío Novoneyra, A voz herdada” (en gallego) consíguelo gratis (Metropolesdelirantes.com) | ForoBlogs Blog

Os comentarios están pechados.