14º Certame de Cómic de Cangas

Cómic-Cangas-Metrópoles DelirantesA Concellería de Cultura de Cangas, convoca o décimo cuarto certame de Cómic, dirixido a novos artistas de ata 35 anos cumpridos en 2016.

Os traballos deben presentarse antes do 30 xuño de 2016, na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra.

Establécense tres categorías:

Categoría A de 18 a 35 anos. (Premio 500 €).
Categoría B de 14 a 17 anos. (Premio 200 €).
Premio á Viñeta Xove para menores de 14. (Premio 100 €).

Os traballos serán orixinais, con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados anteriormente. O tema e a técnica son libres, e o formato será DIN-A4. A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B; e de 2 a 4, para o Premio Viñeta Xove.

Os traballos presentaranse polo sistema de plica, nun sobre pechado aparte, no exterior deste sobre figurará o título ou lema e a cateegoría na que se participa e no interior título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto.

Máis información na Casa da Xuventude de Cangas, teléfono 986 392 171