As lecturas do Sr B: Neptuno

Aquí en español.

Neptuno1-Metrópoles DelirantesNeptuno é o típico cómic de aventuras do mercado franco belga, historias trepidantes ambientadas nun pasado fantástico e steampunk, no que o seu autor Jean-Yves Delitte, sabe sacar un bo rendemento dunha historia que está máis que inspirada na obra de Verne.

William Lake está a piques de terminar o proxecto ao que consagrou boa parte da súa vida e toda a súa fortuna, o Neptuno, un revolucionario submarino, mais a súa creba económica lévao a vender o navío a un inversor alemán de dubidosa ética. A partires de ese momento empezan as aventuras para William Lake, atopando cada vez máis dificultades que deberá sortear coa súa pericia coma navegante e coa axuda dunha tripulación sempre atenta ás súas ordes.

Este libro non agocha as influencias das 20.000 leguas de viaxe submarino de Verne, ata o personaxe de Lake lembra ao estereotipo de vello lobo de mar, quen guste dos cómics de Neptuno2-Metrópoles Delirantesaventuras, do máis puro entretemento, de seguro que non poderá parar de ler ata rematar este integral.

As historias recompiladas neste libro teñen de todo, aventuras, mundos fantásticos, intriga, acción e moitas doses de ciencia ficción, e como xa apuntamos cunha interesante estética steampunk.

Critícaselle ao belga, nalgunhas recensións a súa inexperiencia no guión e a irregularidade na narración da historia. Ben é verdade que ten momentos máis afortunados que outros é que mesmo empeza con certa lentitude, quizais dándolle demasiadas voltas a presentación de Lake e os seus problemas, mais en canto a aventura mariña propiamente dita arrinca, faino con forza e consegue que non podamos deixar de ler sen aburrirnos nin un intre.

Neptuno3-Metrópoles DelirantesEsta obra é anterior a Belem e U-boot, e nótase na parte gráfica, que aínda estando moi ben resolta, claramente é menos destra que na citada Belem. Porén a expresividade, a narrativa e o debuxo de Jean-Yves Delitte dan un bo chimpo cara adiante que podemos ver de xeito nidio a medida que avanzamos cronolóxicamente na súa obra.

É de agradecer a edición de Yermo, en tamaño axeitado e cunha calidade boa (por lle poñer un pero, o papel é algo brillante de máis). O prezo aínda que pode parecer elevado, 42€, non é excesivo no segmento dos integrais, tede en conta que recompila catro libros, e son máis de 200 páxinas.