Faladoiro de Cristina Castro en Carballo: O Cómic francófono: breve historia

Faladoiro Cristina-Metrópoles DelirantesO Comité de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain, organiza para este xoves, día 21 de abril, as 20:00 horas, na biblioteca Rego da Balsa de Carballo, unha conferencia sobre o cómic francófono, a cargo da ilustradora carballesa, Cristina Castro Santiago.

Será a encargada de facer un percorrido por este interesante mundo da novena arte feito en Bélxica e Francia no que se interesou ainda máis tras o seu paso pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso de A Coruña, fai seis anos.

Para máis información sobre esta actividade ou outras das actividades levadas a cabo polo comité, pódese contactar a través do correo electrónico: info@carballo-lisle.org. Tamén pódese seguir a páxina do Facebook, a conta de Twitter ou a páxina de WordPress:

2 reflexións sobre “Faladoiro de Cristina Castro en Carballo: O Cómic francófono: breve historia

Os comentarios están pechados.