A man do diaño por Sira González (Día das Letras Galegas 2016)

A man do diaño-Metrópoles DelirantesSobrio e contundente alegato contra o sinsentido das guerras. Esta podría ser una rápida síntese do que contén as 54 páxinas de A man do diaño, primeiro álbum de Brais Rodríguez, e merecedor do VI Premio de Banda Deseñada Castelao 2010, editado á vez en galego por Demo e en castelán por Astiberri, no ano 2011.

O autor sitúa o conflicto bélico nun lugar e tempo indeterminados, porque as guerras repítense e sabemos que nos pode tocar a calquera. As personaxes podemos pensar que son arquetipos, en ámbolos dous bandos, vítimas e verdugos. E presenta os dilemas morais aos que se enfrentan: executar as ordes sen avaliar as accións que cometen e o sentido delas; acoller aos combatentes feridos, aínda que sexan os inimigos; o arrepentimento, tratando de emendar en parte o dano causado…

Dous soldados e un mercenario entran nun escenario onde teñen a misión de facer voar varias poboacións. Os soldados poñen as bombas e o mercenario remata aos feridos, co fin de aniquilar a todo o pobo. E así xornada tras xornada ata tentar rematar a misión e saír con vida do territorio inimigo. Neste contexto, chama poderosamente a atención que os soldados digan do mercenario que é un psicópata, sen entrar a xuzgar as súas propias accións. Demostran un cinismo… A falta de ética é unha constante nestas personaxes. Os diálogos están moi logrados así como os silencios, cargados de información e sentimentos.

Cando un dos soldados é ferido nunha emboscada, os acollen as xentes ás que ían matar… e aí tamén reflexionamos sobre a solidaridade das persoas, independentemente das súas procedencias e intencións.

Un tebeo de autor, cheo de reflexións profundas, que se le dunha sentada, na que o debuxo limpo, cargado de lirismo, fai del unha lectura perfecta para despertar a nosa conciencia.

Recomendación de: Sira González. Bibliotecaria. Membro do grupo de traballo sobre cómic das Bibliotecas Municipais da Coruña (@bibcoruna) e colaboradora do blog www.fancomic.es