As lecturas do Sr B: Highlands

Aquí en español.

Highlands-Metrópoles DelirantesEste integral que nos trae Ponent Mon nas novidades de maio, ambientado en 1743, narra a historia de Joseph Calander, un pintor que volve a Escocia tras 15 anos estudando en Italia. Entra ao servizo do Duque de Plaxton, Laird do castelo de Blackwater, un rico terratenente escocés que é aliado dos ingleses, namentres o seu fillo está da beira dos xacobitas que buscan a restitución dos Estuardo no trono escocés, sen querelo, Calander verase inmerso nas loitas políticas e será vítima dunha trampa, sendo entón detido e xulgado, aínda que está decidido a recuperar a súa honra e a súa liberdade.

O autor, Philippe Aymond, é coñecido por ser o debuxante das aventuras de Lady S, guionizadas por Van Hamme, e este Highlands é o seu primeiro traballo importante en solitario. Para el escolleu unha época histórica de grande axitación política nun país, Escocia, de fermosos paisaxes, para explotar toda a súa mestría no debuxo, que é unha das grandes virtudes desta obra. Highlands1-Metrópoles Delirantes

O arte de Aymond está moi influenciado polos clásicos, como Jean Girod ou Hubinon, manexa de xeito excelente os fondos, as ambientacións e a cor. As páxinas teñen unha distribución de cadriños ben académica, sen modernismos pero correctamente compostas para iste tipo de álbum. Destacan especialmente os cadriños nos que retrata a paisaxe das highlands, que son coma perfectas postais elaboradas cun gusto exquisito.

Highlands2-Metrópoles DelirantesA historia arrinca con forza e aínda que cara ó final deste integral pasa por un pequeno atranco, en xeral está ben contada e cun bo ritmo, combinando sabiamente intres de acción, intriga e romanticismo.

A edición de Ponent Mon, xunta os dous tomos orixinais neste integral de boa factura, cun tamaño correcto e editado con boa calidade de materiais e impresión, amais sendo un integral a un prezo moi contido, 22 euros.

Highlands gustarache si che gusta a banda deseñada francobelga máis clásico, tanto no debuxo coma no guión.