Convocada a X edición do Premio Int. de Novela Gráfica Fnac -Salamandra Graphic

Premio fnac salamandra-Metrópoles DelirantesFnac e Salamandra Graphic convocan a X edición do Premio Internacional de Novela Gráfica.

Resume das Bases da convocatoria:

Poderán optar ó Premio tódolos autores, de calquera nacionalidade ou procedencia, maiores de 18 anos.

Poden estar escritas en calquera idioma.

Sexan orixinais e rigorosamente inéditas e non correspondan a autores falecidos con anterioridade ó anuncio desta convocatoria.

Non foran premiadas anteriormente en ningún outro concurso.

A modalidade a presentar a concurso é a banda deseñada, no seu formato novela gráfica. Cada autor debe enviar unha proposta de libro cun mínimo de dezaseis (16) páxinas rematadas; cunha extensión final, para quen resulte gañador, de un mínimo de noventa e seis (96) páxinas.

Poderá ser presentado en branco e negro ou cor, axuntando un dossier que conteña as dezaseis (16) paxinas rematadas, co seu correspondente título, en copias impresas en formato DIN-A4, máis unha sinopse detallada (de dúas páxinas) co contido da historia completa.

E-mail de contacto para dubidas e preguntas: premio@salamandra.es

O prazo de admisión de propostas quedará pechado o venres 2 de decembro de 2016.

O xurado reunirase a finais de 2016 e o resultado comunicarase en xaneiro de 2017. O autor que resulte gañador comprometerase a entregar o proxecto rematado na derradeira semana de xuño de 2017. A obra gañadora publicarase a finais de 2017.

Fnac entregará un premio único e indivisible de 10.000 (dez mil) euros en dous pagos: o 50% do importe despois da comunicación do resultado; e o 50% restante cando se publique). A proposta gañadora, unha vez íntegramente desenvolvida, será publicada pola editorial Ediciones Salamandra. O gañador asinará contrato con esta editorial por 10 anos prorrogables e cun porcentaxe de dereitos do 8%.

Bases completas aquí.