Dédalus en Compostela, o noso Bloomsday

Dédalus en Compostela-Metrópoles DelirantesHoxe é o Bloomsday, un evento anual que se celebra cada ano o día 16 de xuño desde 1954 na honra de Leopold Bloom o personaxe principal do Ulises de James Joyce. O 16 de xuño é o día no que sucede a acción da novela e os celebrantes realizan distintos actos replicando o que acontece na obra, ata xantan o mesmo que o personaxe de Joyce e  percorren o itinerario exacto da acción pola cidade de Dublín.

Aproveitamos está conmemoración para lembrar unha obra galega que ten moito a ver co Bloomsday e con Joyce, falamos de Dédalus en Compostela, a obra de Vicente Risco que Fernando Iglesias “Kohell” adaptou de xeito impecábel á banda deseñada.

Dédalus en Compostela transcorre en 1926. O alter ego de James Joyce peregrina á capital de Galiza, o azar provoca o encontro con Vicente Risco e xuntos pasean pola cidade ao tempo que conversan. Desta versión en bd de Dédalus en Compostela editáronse mil exemplares que saíron á venda a un prezo de 8 euros.

No Metrópoles Delirantes 30, entrevistamos ao seu autor Fernando Iglesias “Kohell”.