Estrella Galicia, 110 etiquetas ilustradas e unha exposición

EstrellaGalicia-Artistas-Metrópoles Delirantes

Algúns dos ilustradores e ilustradoras das etiquetas

Estrella Galicia cumpre 110 anos e para celebralo lanza unha edición especial de 110 etiquetas creadas por distintos artistas. Neste proxecto participan 53 deseñadores que ilustran temas relacionados coa cervexa e a historia da compañía.

Desde agora ata o vindeiro mes de setembro, a cervexeira coruñesa lanzará ao mercado 220 millóns de botellas que lucirán estas 110 ilustracións asinadas por artistas de renome tanto do noso país como de Brasil, España, ou Xapón, na lista de ilustradores galegos atopamos nomes tan recoñecidos coma Manel Cráneo, Leandro Barea, Jano, David Rubín, Luis Davila, Víctor Coyote, Santy Gutiérrez, Alberto Vázquez, Marina Seoane, Alberto Guitián ou Víctor Rivas, que acompañan nesta iniciativa a outros artistas coma Calpurnio, Rubén Pellejero, Marcello Quintanilha, Manel Fontedevila, Sonia Pulido, Mamen Moreu, Paco Roca, Miguel Ángel Martín, Ken Niimura, ou Gallardo, que converteron cada botella nunha pequena obra de arte.

EstrellaGalicia-Metrópoles Delirantes

Da totalidade dos deseños destas etiquetas tamén poderemos desfrutar na exposición aberta ao público na Fundación Luis Seoane da Coruña que permanecerá alí ata o 30 de xuño.

EstrellaGalicia-Metrópoles Delirantes-Manel Cráneo

A directora de márketing de Estrella Galicia, Mónica Vizcaíno, e os debuxantes Héctor Fransesc e Manel Cráneo.

Manel Cráneo foi o comisario desta iniciativa e definiu o proxecto coma “un exercicio de comunicación artística sen precedentes, unha especie de cómic contemporáneo no que grandes autores narran visualmente 110 anos de cultura cervexeira nunha obra de arte coral repartida en 110 etiquetas e gracias a este proxecto, a obra artística de 53 autores de gran calidade vai chegar a ámbitos de socialización onde tan só unha botella de cervexa pode chegar”