Metrópoles Delirantes 55 – Los Bravú

LosBravu-Metropoles-DelirantesComezamos falando da actualidade coas novas da bd a todo filispím. O Sr B colle o coche e pon rumbo a ningures e comeza unha viaxe que remata inscribindo na lista de imprescindíbeis o Cenizas de Álvaro Ortiz. Visítannos de novo Los Bravú o dúo polo que nunca agochamos a nosa debilidade, Dea e Diego, viñeron para falarnos de Mujer! o seu novo libro-obra de arte. E no final da viaxe, Xaime Lis o libreiro mutante de Komic coas novidades.


As músicas desta emisión son:

  • Die Antwoord – Baby’s On Fire.
  • Múm – The Land Between Solar Systems.
  • Canned  Heat – On The Road Again.
  • Pony Bravo – El Político Neoliberal.