O Museo de Pontevedra expón os orixinais do álbum ‘Nós’ de Castelao 

Meu Pontevedra Expo Castelao-Metrópoles DelirantesOs orixinais foron atopados o pasado mes de Marzo cando comisarios da mostra que afonda na relacion entre Castelao e Pontevedra, investigaban para deseñar os seus contidos, a última vez que se expuxeron foi no 1924 en Compostela, e dende aquela deronse por desaparecidos.

Os debuxos orixinais do álbum Nós de Castelao son unha peza chave do pensamento e da cultura galega e xa poden ser visitados no Museo de Pontevedra dentro da exposicion “Meu Pontevedra”, os orixinais contarán cunha sala exclusiva nesta mostra e constitúen unha parte esencial, que abarca entre os anos 1916 e 1936.

A mostra, que toma o título dun texto escrito polo propio Castelao, foi inaugurada onte 28 de xuño, día do plebiscito do estatuto de autonomía de 1936.

Permanecerá aberta ao público no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra até o 11 de setembro.