Premios do XX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”

Xurado Curuxa-Metrópoles Delirantes

O xurado deliberando.

Onte fallaronse en Fene os premios do XX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”. O xurado formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Cultura, Amalia García, os debuxantes Juan Carlos Abraldes, Luís Davila e Santy Gutiérrez, e o xestor de Actividades Culturais do Concello, Daniel Romero, acordou por unanimidade conceder os premios a:

Categoría CURUXA-NOVA (menores de 25 anos).

  • 1.º Premio, dotado con 1.000 euros e diploma: Cristian Fojón Caruncho.
  • 2.º Premio, dotado con 500 euros e diploma: Alba Souto Rodríguez. 

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos).

  • 1.º Premio, dotado con 2.000 euros e diploma: Alberto Cardona Valcarcel.
  • 2.º Premio, dotado con 1.500 euros e diploma: Antón Lezcano González.