Valencia Línea Clara, o cómic no IVAM (e na Galiza, que?)

VLC-Linea-clara-Metrópoles DelirantesO IVAM ven de abrir as súas portas á xeración de artistas valencianos dos anos 80, “VLC. Valencia Línea Clara” é unha exposición comisariada por Álvaro Pons, que repasa as traxectorias dos autores do Movemento da Línea Clara a través de máis de 200 orixinais e unha ampla selección de obra gráfica e fotográfica de Miguel Calatayud, Sento Llobell, Mariscal, Mique Beltrán ou Daniel Torres entre outros moitos.

O IVAM ten a intención de ampliar no futuro a presenza dos cómics no museo con exposicións, material na biblioteca e distintas actividades, e quere situarse na liña na que xa están outros importantes museos de arte contemporánea coma o MOMA de Nova Iorque e o Louvre de París.

No entanto podemos deitar aquí unha pregunta: Cando se fará algo así no noso país?

Temos museos de arte contemporánea en Compostela, Vigo e Coruña, temos autores e produción de alta calidade desde os anos setenta, as exposicións do Viñetas son referente e a recente exposición de David Rubín na Fundación Luís Seoane, foi un éxito de público e crítica.

Na nosa terra parece ben claro que os museos tardarán en reaccionar e van seguir asistindo como espectadores pasivos á tendencia que iniciaron espazos tan “sacrosantos” da arte coma o Louvre ou o MOMA e aos que axiña seguiron no estado a Fundación Telefónica en Madrid ou agora o IVAM en Valencia. Non hai é interese no ámbito institucional que segue ignorando un sector importante e de senlleira tradición na nosa cultura, e tampouco hai capacidade de reacción no sector cultural para ser vangarda, porque segue arredor de si mesmo, máis preocupado de manter o ríxido status que levou aos museos a estar baleiros de público e alonxados do pobo.

Máis unha vez, demóstrase que a nosa bd vive orfa de apoios nas políticas culturais e que os espazos públicos galegos seguen ancorados noutra época. Sería unha magoa que a primeira exposición de autoras e autores galegos nun museo de arte contemporáneo se fixera fora do país.

12 reflexións sobre “Valencia Línea Clara, o cómic no IVAM (e na Galiza, que?)

  1. Kiko da Silva.

    Pois houbo xa bastantes cousas nos museos galegos: 2007 o DEBUXO POR DIANTE- CGAC – http://www.entrecomics.com/?p=4765

    2008: Historieta Galega 1973-2008 – Auditorio de Galicia http://elpais.com/…/03/06/galicia/1204802304_850215.html

    2016: De castelao ao mañá – Museo de Pontevedra http://gentedigital.es/…/de-castelao-ao-mana-unha…/

    2014: Do cómic á novela gráfica. A banda deseñada en España no século – Museo de Pontevedra XXIhttp://www.museo.depo.es/noticias/notas.de.prensa/ga.02010664.html

  2. Sr B Autor do artigo

    Chámame tolo, pero desde logo ás veces non entendo como vai este mundo da bd galega, eu quero que vaia a mellor, que teñamos unha bd forte, ben apoiada, promocionada, coas mesmas oportunidades que outras artes, é de feito ti non debes estar tan en desacordo conmigo cando nunha entrevista recente, falas de que o Agadic non apoia a bd, cousa que eu manifestei moitas veces, a última nunha agradable conversa contigo nun recente festival en Vigo.

    A min gustaríame que houbera máis eventos arredor da bd, porqué si, fanse cousas pero non suficientes, é curioso, porque debes ser o único en Galiza que considera que catro exposicións, dúas delas hai caseque 10 anos, son dabondo. Por certo “o Debuxo por diante” era unha expo de bd con autores non galegos.

    Si que se fan cousas, mesmo cito unha de Rubín na Fund. Luis Seoane. Hai un ano houbo unha de Miguelanxo en Compostela e agora mesmo na Coruña está “Coruña Gráfica” (que non é exclusiva de bd, mais hai autores de bd) pero eu non falo de esas iniciativas ou de outras aínda máis cativas, como ti dis nalgunha entrevista de “francotiradores”, falo de verdadeiro apoio do circuito cultural das institucións públicas, dunha gran exposición nun deses espazos, porque aínda que haxa unha cada ano non pasaría nada, ou non hai de outras artes varias cada ano?

    Kiko da Silva: “Hay que reivindicar el cómic entre nuestro modo de comunicación diario”

    Kiko da Silva: “Hai moi pouca promoción da cultura galega. Moi pouca.” http://galiciae.com/noticia/549799/o-obxectivo-ainda-queda-lonxe

    1. Kiko da silva

      Non preciso que me linckes as miñas declaracións as coñezo perfectamente. 😉
      Eu só digo que sí que houbo expos de autores de bd galegos. Que pode haber máis pois claro, pero que non che gusten como foron montadas certas expos de autores galegos non quere dicir que non se fixeran. Eu só digo o que existe nas hemerotecas. Houbo unha Expo en compostela chamada 2008: Historieta Galega 1973-2008 – Auditorio de Galicia comisariada por Fausto Isorna e acaba de haber outra da Deputación de Pontevedra: Do cómic á novela gráfica. A banda deseñada en España no século – Museo de Pontevedra comixariada por Octavio Beares. Ata houbo unha que rulou polas feiras do libro galego que montamos dende bd banda, da nova BD galega aló polo 2005.

      O do IVAM de barcelona non é apoio institucional, é cousa de francotiradores tamén, está montada por Álvaro Pons que deu a barrila para poder facela. O mesmo que pasa aquí vamos, que dependendo do goberno de turno e da insistencia dalgunha xente se fan cousas ou non se fan.

      Por certo cando falo de promoción non me refiro a expos. Me refiro a TV e radio… e a lugares destacando a bd nas librarías galegas.

  3. Sr B Autor do artigo

    “…pero que non che gusten como foron montadas certas expos de autores galegos non quere dicir que non se fixeran.”

    1-Non poñas na miña boca cousas que eu non dixen.
    2-Volvo a decir que no texto nomeo algunha das expos feitas máis recentemente (non todas, claro).
    3-Eu “personalizo” nunha gran exposición, montada con medios e nun espazo tan significativo como pode ser o IVAM en Valencia, pero creo que está claro o que reivindico, máis apoio.
    4-De tódolos xeitos non entendo que alguén fale do puco apoio que ten a bd e fale do que se fixo fai 10 anos. Iso é pasado, haberá que seguir facendo, ou 😉

  4. kiko da silva

    Polo ton da noticia que publicaches semella que dis que nunca se fixo unha gran expo sobre autores galegos. Xa que a frase final “Sería unha magoa que a primeira exposición de autoras e autores galegos nun museo de arte contemporáneo se fixera fora do país.” da a entender que as expos do pasado non existiron. Só fixen un pouco de hemeroteca para aclaralo.

    E eu o que insisto en que menos queixarnos e máis facer – queixarse é moi fácil, pero non cambia nada. (Esta frase vale para moitas outras cousas no país por desgraza). E non ta tomes como algo persoal, que non vai por tí 😉

  5. Sr B Autor do artigo

    “…exposición de autoras e autores galegos nun museo de arte contemporáneo…”

    Nunca se fixo.

    A serio, lin a nova varias veces, e sigo sen comprender de onde sacas isto:

    “…da a entender que as expos do pasado non existiron…”

    Mesmo nomeo algunha (é imposible nomealas todas) expo do pasado.

    Estou dacordo en que hai que facer cousas e non só queixarse, mais non estou dacordo en que a queixa non serve, non sei cantos dereitos coñeces que se conqueriran estando calados.

    Sei que non é persoal, sei que hai distintos xeitos de traballar a prol da bd, e sobre todo penso que bogando todos cara o mesmo sitio chegaríamos antes. 😉

  6. Octavio B.

    Vos vou cortar apéndices a todos os delirantes! Nos estou eu comisariando unha agora mesmo? XD
    É broma, conste. Pero “De Castelao ao mañá, unha ollada ao cómic galego” en xullo volve a estar aberta en Cangas, e tras o verán ten outra fecha: se poderá disfrutar (ou poñer a caldo) en Vilagarcía de Arousa.
    Reproduccións (non orixinais, ollo) de Castelao, prensa dos 20, Díaz Pardo, A Cova das Choias, Prado, Kiko mesmo, Benlloch, Julia Huete, Los Bravú, José Domingo, Fausto Isorna…

    E ben, eu opino qeu cantas mais mellor, que por outra banda, hableas hainas, e que evidentemente o legado da escola valenciana é estratosférico e entendo o eco mediático que está a ter.

    1. Octavio B.

      (certo que xa en serio, o meu é moi humilde, ten mais de levar a Bd polo “rural”, pero iso é xenial. En As Neves o alcalde e a biblioteca levaron ao centro da expo unha mesa con obras da biblio municipal, de autores expostos… son pequenos pasos, pero eu penso que máis que os Grandes Fastos (non sobran tampouco) hay que mover o cómic por diversas vías. E dende logo a mais importante é calqueira que saque a Bd dos reductos, que a leve á sociedade

      1. Sr B Autor do artigo

        Moi dacordo.

        A iniciativa que ti comandas de levar a BD a vilas máis pequenas e ao rural é absolutamente marabillosa.

  7. ALVARO PONS

    Por aclarar: la expo del IVAM no es una cuestión puntual, sino la primera expresión del apoyo del Museo al cómic, que lo incluye dentro de su política expositiva. El proyecto del IVAM incluye la incorporación del cómic a su colección permanente y la realización de exposiciones sobre cómic de forma habitual.

  8. Sr B Autor do artigo

    Gracias por comentar Álvaro.

    Un apoyo claro de un institución como el IVAM al cómic es una gran noticia, ojalá sigan el ejemplo otros museos de esa importancia.

Os comentarios están pechados.