Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartaz de Keko para o Viñetas 2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”.

Convidados:

  • Cristina Bueno, debuxante de Aquí vivió: historia de un desahucio na que aborda a realidade dos desfiuzamentos.
  • Nadar, autor de El mundo a sus pies novela gráfica sobre o desemprego.
  • Jorge González, Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Sins Entido con Fueye, que se achegou en varias ocasións aos efectos sociais das ditaduras iberoamericanas do XX.
  • Juan Díaz Canales, guionista de Blacksad e Corto Maltés que ven de lanzar a súa primeira obra como debuxante titulada Como viaja el agua.
  • Chris Claremont, autor de grandes obras de superheroes na Marvel.
  • Daniel Torres, autor de La Casa, na que fai un percorrido pola Historia da Humanidade a través das súas vivendas.
  • Ruben Pellejero, debuxante do coñecidísimo Dieter Lumpen e agora da nova aventura de Corto Maltés.
  • Ramón Marcos, autor galego convidado deste ano, debuxante de obras como Vida de nai ou Operación mascota, dentro da serie Silvana, a filla do explorador.

Exposicións:

Kiosko Alfonso

  • Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero, Bajo el sol de Medianoche, o seu multipremiado Corto Maltés.
  • Jorge González.
  • Cristina Bueno.
  • Nadar.
  • Ramon Marcos.

Palexco

  • Daniel Torres que recentemente publicou La Casa, os afeccionados poderemos coñecer o proceso creativo desta obra.
  • Chris Claremont, A patrulla X.
  • Juan Díaz Canales, exporá a súa primeira obra como autor completo, Como viaja el agua, un relato protagonizado por uns peculiares anciáns pero que tamén ten un marcado corte social.

Sala Salvador de Madariaga

  • Fernando LLorente e Kiko da Silva os últimos gañadores dos Premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña exporán os orixinais dos títulos A carreta do diaño e O inferno do debuxante.

Pazo Municipal de María Pita

  • Miguelanxo Prado e David Rubín Miguel de Cervantes/El retablo de las Maravillas. Ambos autores recrearon nunha banda deseñada a vida do escritor e mais un dos seus entremeses máis coñecidos.