A Guerra Civil española en seis bandas desenhadas

Atila-Metrópoles DelirantesAtila de Inacio e Iván Suárez

Estamos en febreiro de 1938, Castelao era deputado pola Fronte Popular e acompaña ao goberno da República na retagarda en Barcelona. A xornalista  Magda Donato entrevista ao político (publicada no nº 32 do magacín Mi revista) mais a súa conversa é interrompida polo bombardeo da aviación fascista italiana, diríxense ao interior dun refuxio antiaéreo onde o continúan a entrevista e Castelao lembra anécdotas da súa infancia na pampa arxentina. Para ilustrar o texto, e como agasallo para ela, Castelao entrégalle uns debuxos do libro, Atila en Galicia, no que o artista quixo plasmar as atrocidades e a masacre que se está a cometer durante a guerra.

Cuarta entrega desta serie editada por Demo editorial que debería estar sen dúbida en tódalas bedetecas.

Vencedor y vencido-Metrópoles DelirantesVencedor y vencido de Sento Llobell

Sento Llobell é o autor da triloxía sobre Pablo Uriel, que remata con con Vencedor y vencido, o libro que pecha a triloxía que forma xunto a Un médico novato y Atrapado en Belchite,

Este conxunto de obras conta as vivencias de Pablo Uriel (sogro do autor), un médico recén licenciado ao que recrutan para ir ao fronte as forzas sublevadas e que logo é feito prisioneiro polos republicanos.
Unha serie de cómics ben interesantes que dan unha visión particular do conflito a través dos ollos dun home que aínda sendo de esquerdas foi mobilizado polo bando sublevado, que estivo en perigo de morte varias veces e que ao final como moitos outros foi vencedor e vencido dunha guerra na que realmente só gañou a barbarie do franquismo.

Elconvoy-Metrópoles delirantesEl convoy de Eduard Torrents e Denis Lapière

Torrents e Lapière neste cómic percorren os corenta anos de ditadura contrastando o tempo da morte do xenocida co final da guerra civil que provocou. El Convoy conta o exilio a Francia e a realidade que se atoparon os refuxiados españois que fuxían do franquismo.

A situación para os perdedores foi terrible por iso, moitos emprenderon o camiño do exilio, para non sufrir a salvaxe represión franquista e cruzaron os Pirineos no inverno de 1939, por si iso non fora xa duro dabondo, Francia non foi terra de acollida, foron recluídos en campos cunhas condiciones pésimas.

Os autores recuperan nesta obra a historia dos primeiros españois deportados a Mauthausen que nun chimpo macabro da historia fuxiron de Franco para atoparse con Hitler.

Unha bd imprescindíbel para coñecer máis deses escuros episodios silenciados pola propaganda franquista durante décadas, mais nun momento no que a historia repítese e Europa nega sistematicamente o asilo aos que foxen da guerra.

Paseo de los canadienses-Metrópoles DelirantesPaseo de os Canadienses de Carlos Guijarro

Este libro narra feitos reais, a matanza da estrada de Málaga a Almería, que foi uno de los meirandes criminais actos criminais de toda la guerra civil, unha das moitas masacres do bando franquista (entre 3.000 y 5.000 mortos).

O autor parte do presente, do momento no que coñece o Paseo dos canadienses e como comeza a investigación sobre os feitos e sobre Norman Bethune voluntario da Cruz Vermella que deixou constancia nos seus escritos e fotografías da barbarie franquista.

A través do testemuño dunha supervivente, Macarena que era unha rapaciña entón o autor narra os feitos de 1937, 150.000 persoas que foxen da guerra en dirección a Almería son perseguidos e acosados sen descanso por terra mar e aire, a fuxida deixará miles de mortos, mulleres anciáns e crianzas na meirande parte.

Nesta obra contase un episodio descoñecido, que é unha das atrocidades repetidas continuamente nas guerras, o exterminio sen regras do inimigo, a utilización d terror contra a poboación civil e o xenocidio. O cómic lémbranos a necesidade de recoñecer a inxustiza cometida e a de reparar o dano, algo que nesta España non é tan doado.

Malos tiempos 36-39-Metrópoles Delirantes1936-1939 Malos Tiempos de Carlos Giménez

Obra senlleira de Carlos Giménez na que o autor, que viviu eses tempos, conta a vida da xente común, fuxe das grandes xestas militares para se centrar na fame e na dura vida da poboación que sufriu a guerra, un conflito que só afondou aínda máis na miseria do pobo.

A través Marcelino e a súa familia, vivimos o Madrid bombardeado, e asistimos ás carestías, a fame e a degradación que padeceron os sitiados.

La Guerra civil-Metropoles delirantesLa Guerra Civil española dePaul Preston e José Pablo García

Este ensaio, La Guerra Civil española é un relato do Guerra Civil no que se indaga nas orixes e analiza as atrocidades, os abusos e a destrución. José Pablo García, autor do recente biopic de Joselito en cómic, volve con esta bd feita en tempo record, apenas 6 meses para 240 páxinas na que adapta un dos libros máis completos escritos sobre a Guerra Civil, o ensaio escrito por Paul Preston. Una historia en imaxes que pretende achegar a historia ás novas xeracións.

5 reflexións sobre “A Guerra Civil española en seis bandas desenhadas

  1. dbtecófilo

    Eu engadiría “Los surcos del azar” e “El arte de volar”, que ademais miran no temporal e no social máis alá do que foi a propia guerra e os seus principais protagonistas, dándolle unha interesante volta ao conflito.

    1. Sr B Autor do artigo

      Si, dous grandes libros que claramente poderían estar. Non prentendiamos facer unha listaxe exhaustiva senón apuntar uns exemplos, por suposto hai máis exemplos, mesmo hai un Lobezno nas brigadas Internacionais.

      Altarriba e Kim veñen de publicar El ala rota, a historia da nai do guionista, que é o complemento a El arte de volar, que tamén toca o tema.

      Vou citar tamén como obras magníficas, La Balada del Norte de Zapico, que narra episodios previos e moi decisivos na posterior guerra e Las Guerras Silenciosas como epilogo da Guerra civil, centrada na a posguerra e os conflitos en África.

  2. bdtecófilo

    Bo apunte o de El ala rota. Tamén me lembrara do Zapico, pero xa me pareceu un pouco máis “tanxencial”, polo menos comparado coas outras obras que escollestes no artigo. Tamén me acabo de lembrar d’As serpes cegas, esta tamén un chisco máis alonxada do conflito, pero altamente recomendable en calquera caso.

  3. Pingback: Efeméride del Mes (Parte 2): El cómic y la Guerra Civil |

Os comentarios están pechados.