Programa do 17 Salón do Cómic e Ilustración de Cangas

 Salon cómic Cangas - Metrópoles DelirantesO luns comeza o 17 Salón do Cómic e Ilustración de Cangas que, nesta edición, ocupará dous espazos: a Capela do Hospital e o Auditorio Municipal.

Na programación hai obradoiros de Cómic co debuxante José A. Calvo (de martes a venres ás 12 horas), cinema (Deadpool, Los Vengadores: La era de Ultrón, Carlitos y Snoopy e Big Hero 6), a entrega de premios do 14º Certame de Cómic, a presentación do Proxecto do Colectivo Mithoshiwa (deseño de personaxes de animación), charlas coloquio con con Guillermo e Bernardo Vergara, membros fundadores da revista dixital Orgullo y Satisfacción e con Fernando Blanco e Victor Rivas. Tamén haberá sesións de sinaturas cos debuxantes.

Na Capela do Hospital poderase ver a exposición de Victor Rivas “Escarlatina, Esmeraldina”, e na primeira planta do Auditorio estará a exposición “De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego”, comisariada por Octavio Beares e cedida pola Deputación de Pontevedra.

O sábado día 23 de xullo, Xulia Vicente presentará “Ari, cazador de dragones” na libraría Wells Libros.