Cambios na organización do Festival de BD de Angouleme

LOGO FIBD Angouleme-Metrópoles DelirantesConfirmase que haberá edición de 2017 do festival mais cunha serie de importantes reformas.

Na pasada edición do Festival de Angouleme vivimos varias polémicas coma a escaseza de nomeadas femininas para os premios ou os “falsos fauves” que deu nunha ameaza dos editores de boicotear a próxima edición, para atallar esta crise o Ministerio de Cultura e da Comunicación nomeou un mediador, Jacques Renard, que agora ven de publicar as súas propostas para acabar cos conflitos.

En primeiro lugar, un profundo cambio na gobernanza do festival e a división de responsabilidades que lles son inherentes, para involucrar mellor os financiamento públicos e privados nas principais decisións relacionadas co evento e en segundo lugar, unha clarificación da dirección editorial e artística do evento.

Ata o de agora e dende hai dez anos a organización do festival era encargada á sociedade Novena Arte +, mais na folla de ruta publicada destacase a necesidade dun “fondo cambio na gobernanza do festival” a través de “un proceso de reforma”, esta inclúe a creación dunha asociación que xunte aos estamentos públicos, as organizacións profesionais representativas do sector da BD e as institucións e estruturas activas no ámbito dos cómics en Angouleme. Esta nova asociación é quen vai recibir e xestionar as subvencións e achegas dos seus membros fundadores e terá un acordo de obxectivos e de medios a aplicar a partir da edición de 2018. Tratase dun cambio importante, xa que a responsabilidade da Asociación do FIBD nesta nova estrutura, está moi diluída.

Vaise propoñer á empresa Novena Arte + coma operador do evento a través dun contrato plurianual e renovable, e como tal, responsable da súa xestión, organización e programación.

Esta nova estrutura terá coma obxectivo ser o representante institucional no festival e interlocutor co operador, tamén se contempla a creación dun Comité consultivo presidido polo Valedor do Pobo incluíndo aos estamentos relacionados co festival o goberno e a BD.

Unha das primeiras decisións xa tomada por unanimidade polos membros da Comité é a introdución sistemática de paridade entre homes e mulleres nos foros de selección e os tribunais establecidos polo festival ou os seus asociados.