Ether, outra obra de David Rubín para USA

Ether-metrópoles delirantesDavid Rubín segue traballando a bo ritmo alén do Atlántico, despois de The Fiction, a serie que fixo con guión de Curt Pirés, xa editada en españa pola súa editorial habitual, Astiberri, xa está a traballar na nova serie que Dark Horse anunciou na pasada Comic-Con de San Diego.

A serie titulada Ether é unha historia fantástica sobre o que pasa cando a ciencia e a maxia se atopan. Para esta nova aventura américana, Rubín  forma equipo creativo con Matt Kindt aos guións.

Ether conta as aventuras de Boone Dias, un científico e explorador da Terra que intenta entender como encaixa a maxia no seu propio mundo científico. Boone é un asiduo visitante do Ether, unha realidade alternativa máxica. Os habitantes do Ether confian en Boone para resolver algúns crimes a través da combinación do seu coñecemento científico coa maxia.

ether-metropoles delirantes 2O primeiro número de Ether estará a venda o 16 de novembro deste ano en formato físico e dixital.

Aquí unha entrevista ao guionista Matt Kindt (en inglés) na que fala así de David:

Vin o que fixo no seu incríbel libro “O heroe” e tamén nos spin off de Battling Boy (Aurora West) e simplemente namorei do seu estilo, andaba a buscar por todas partes artistas, estaba sendo super esixente, porque hai moito material divertido para debuxar nesta serie, e quería debuxalo eu, pero a miña axenda faino imposíbel polo menos para dous anos e non quería agardar tanto. Entón vin cousas de David e que estaba dispoñible, e eu sabía que podería facelo mellor do que eu xamais podería. Ese foi o punto de inflexión. David é unha estrela e teño moita sorte de traballar con el.