Test Delirante – Jorge Mira

Jorge Mira-Metrópoles DelirantesJorge Mira é un físicoinvestigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galegos. Acumula un feixe de premios pola súa labor coma físico e investigador e xa leva publicados dous libros “A ciencia no punto de mira” (2010) e “¿A que altura está o ceo?” (2016), amais é un gran deportista e por suposto un declarado lector de banda deseñada. Eis o seu Test Delirante

1-Cal é o teu cómic preferido.

Pufff… unha pregunta delirante… Hai tantos…

Por escoller algo: a Imposible Patrulla-X de finais dos anos 70 / inicios dos anos 80, a época de Chris Claremont (que este días está na Coruña!)

2-Licorcafé ou Gintonic.

Ningunha das dúas cousas. Sonche máis de auga e zumes.

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Claro! Un de Popeye. Era 1972 (ensináronme a ler moi cativo 🙂 )

4-Que peli non te cansas de ver?

Por dicir algunhas, Blade Runner, Wall-E,…

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Hai tantas persoas cun talento tan extraordinario que non quero destacar ningún. Admiro moitísimo as capacidades e a imaxinación da xente que se dedica a iso.

6-Rolling ou Beatles?

Beatles. Non me gusta a impostura baseada no mal gusto e mala educación.

7-Superheroes, manga ou europeo?

Superheroes, que lle imos facer…

8-Churrasco ou sardiñada?

Vou dicir sardiñada, que estamos no verán.

9-Un autor/a de bd galego?

Por todo o que supón, e pola súa autoridade, Miguelanxo Prado.

10-Un disco que adores.

Non che son de adorar unha soa cousa, pero direi “La canción de Juan Perro”, de Radio Futura.

11-Tes un libreiro de confianza?

Dous ou tres.

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Na praia nunca me falta o meu chapeu… ¡australiano! Si, merqueino en Australia; é como o de Crocodilo Dundee, típico das zonas de calor de alí; vai óptimo para para-las radiacións UV 🙂

13-Lector ocasional ou compulsivo?

A miña vida laboral xa pivota sobre certa lectura constante, de moitas cousas, pero de compulsión nada. Intento ter baixo control os meus vicios, valoro moito o meu tempo como para dedicarlle a maior parte a unha mesma cousa.

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

Praia, sen dúbida.

15-Astérix ou Tintín?

Asterix estivo moi presente na miña primeira época de instituto, e teño moi bos recordos del. Pero Tintín é tamén historia da banda deseñada e ademais é moi amigo do meu amigo Pedro Rey, así que non me vou mollar ^_^

16- Un viño que che guste especialmente?

Non son abstemio, pero case…

17-Recomenda un cómic.

El Jabato dos primeiros capítulos ou El Capitán Trueno.