Test Delirante – Luis Iglesia

Luís Iglesia-Metrópoles DelirantesLuís Iglesia é actor e músico, estivo vencellado a grupos de teatro amador ata comezar a súa carreira profesional coma actor e director de dobraxe, compaxinando estas actividades co teatro profesional en grupos como Teatro do Aquí ou Volta e Dálle, o cinema, a televisión e máis a locución. É unha das voces máis recoñecíbeis do audiovisual galego pois dobra ao galego a Harrison Ford, Robert De Niro, Paul Newman, Chuck Norris e Garfield, entre outros. Traballou en series e películas coma La fuga, de Telecinco, ou no  no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar. Foi protagonista de diferentes series da TVG coma Un mundo de historias, Terra de Miranda ou a mítica Matalobos, actualmente é o protagonista da serie Pazo de Familia.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Por facerlle unha homenaxe aos primeiros que lín: El jabato.

2-Licorcafé ou Gintonic.

Gintonic, sen parvadas. 

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Jabato, Capitàn Trueno, Roberto Alcázar y Pedrín, El guerrero del antifaz….

4-Que peli non te cansas de ver?

Non hai peli que tanto aguante. Pero por ser  orixinal….os Padriños, jajajaja

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Cando era neno non se lles prestaba atención aos debuxantes. Non creo que ningún dos meus amigos soubera quen era o debuxante de, por exemplo, Capitàn Trueno. Empecei a ter constancia diso con publicacións coma Tótem, Cimoc…. Aí empezamos a falar de Moebius, F. Miller ou, por exemplo Hugo Pratt. Quedaría con este e con Corto Maltés.

6-Rolling ou Beatles?

Nunca fun moito de ningún deles. Eu tiro màis polo soul, blues…. De ter que elixir, Rollings.

7-Superherois, manga ou europeo?

Europeo. O manga colleume tarde. 

8-Churrasco ou sardiñada?

E logo non hai outra cousa para xantar? E o polbo?  Valeeee, churrasco.

9-Un autor/a de bd galego?

Recoñezo que estou un pouco fóra do que se està facendo. Téñoo pasado moi ben con cousas de Kiko da Silva ou de Prado. 

10-Un disco que adores.

Tenche días. Revisito moitas veces Pearl de Janis Joplin.

11-Tes un libreiro de confianza?

Hai tempo que non.

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Chapeu. A pucha de Jhon Deere só lle queda ben á Seasick Steve.

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Compulsivo. Cando me poño….non paro. 

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

Mar, sen praia. 

15-Astérix ou Tintín?

Astérix.

16- Un viño que che guste especialmente?

Un bo godello. 

17-Recomenda un cómic.

Seguiría recomendando Corto Maltés.