Test Delirante – Sabela Arán

Sabela AránSabelaArán-Metrópoles Delirantes é actriz, deuse a coñecer no 2012 cando protagonizou a película Vilamor, pola que gañou un premio Mestre Mateo, na actualidade é unha das protagonistas da serie da TVG Serramoura e remata de protagonizar Lobos Sucios, unha película sobre as intrigas da explotación do mineral de wolframio ambientada na Galiza da posguerra.

Aquí o seu Test Delirante.

1-Cal é o teu cómic preferido.

“Maus” de Art Spiegelman. Unha maneira distinta de falar do Holocausto. 

2-Licorcafé ou Gintonic.

Licor café se o fai a miña avoa Pepita. E o gintonic se ten xenebra, tónica e limón (non quero beber ensaladas)

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Astérix & Obélix. Os tomos eran máis grandes ca min…:)

4-Que peli non te cansas de ver?

Blade Runner.

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Quino. 

6-Rolling ou Beatles?

Rolling!!!!! 

7-Superheroes, manga ou europeo?

Manga!!! DragonBall !!! 

8-Churrasco ou sardiñada?

Churrasco sen dubidalo. 

9-Un autor/a de bd galego?

O que fai Davila paréceme brutal. 

10-Un disco que adores.

Transformer de Lou Reed

11-Tes un libreiro de confianza?

Colmeiro de Follas Novas (en Compostela). 

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Para levar o de John Deere hai que ter demasiado estilo 😉

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Xa fun máis compulsiva do que son. O cine e as series tamén rouban tempo…

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

Praia claramente. 

15-Astérix ou Tintín?

Ahhhh Astérix de cabeza!!! Tintín non me cae demasiado ben…

16- Un viño que che guste especialmente?

Godello. Fresquiño e sabroso!

17-Recomenda un cómic.

Persépolis. Didáctico e ilustrativo.