Concurso de cómics Parrapean

parrapean_2016_cartel copiaO Concello de Bilbao convoca o terceiro “Concurso de cómics Parrapean” para rapaces de 14 a 17 anos, tanto de xeito individual coma colectivo. As obras teñen que estar escritas en éuscaro ou non ter texto, o tema é libre, pero os personaxes e a historia deben ser orixinais, de creación propia e inéditos. A técnica é libre e os traballos terán, necesariamente, dúas páxinas, a tamaño A-4 en formato vertical. A data límite para participar é ata o 14 de outubro.

Premios.

Primeiro premio: Intuos Art Tablet + un álbum Xabiroi e catro exemplares + material de debuxo xentileza de Goya + publicación no periódico BERTON + Diploma.
Segundo premio: Un álbum Xabiroi e catro exemplares + un lote de cómics por parte das Bibliotecas Municipales + material de debuxo, xentileza de Goya + Diploma.
Terceiro premio: Un álbum Xabiroi e catro exemplares + material de debuxo, xentileza de Goya + Diploma.

Os premios repartiránse o sábado 29 de outubro dentro dos “Días de cómic Parrapean”. Os premiados deberán asistir ao acto de reparto de premios, ou enviar algún representante a recollelo.

As bases completas aquí.