Guía Ninja do Ilustrador, da AGPI

Guia ninja-Metropoles Delirantes2

Cráneo, Covelo e Guitían presentando a guia.

No pasado Viñetas/Autobán a AGPI presentou a edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador, que foi publicando ao longo do ano na súa web. Esta é unha pequena guía de defensa para ilustradores freelance, recóllense os principais perigos e problemáticas que rodean hoxe a profesión e da chaves para facerlles fronte. A Guía Ninja tamén vai dirixida a estudantes de arte, creativos free- lance, clientes, amigos da ilustración e, sobre todo, ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión.

A guía, dispoñible en PDF para a súa descarga de balde, estrutúrase coma un decálogo e recolle dez artigos e dez viñetas sobre dereitos de autor, negociación de contratos, como actuar fronte a plaxios, faltas de pago, etc. Na guía colaboraron ilustradores como Manel Cráneo, Santy Guitiérrez, Guitián, Nuria Díaz, Leandro, Bernal Prieto e José Domingo, entre outros.

Dado que a maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais autónomos amais de crear, teñen que manexar plans de empresa, negociar proxectos, facer presupostos, contratos e facturas polo que é imprescindíbel coñecer a fondo os seus dereitos e deberes para protexer e  explotar a súa creación artística.

Guia Ninja do ilustrador.