Test Delirante – Carlos Roma

Carlos Roma - Metrópoles DelirantesCarlos Roma é xornalista e dramaturgo, desenvolve o seu traballo principalmente na televisión aínda que tamén colabora noutros medios. Este ano estreouse en Barcelona a súa obra de teatro “El plan Jackson” e mantén un excelente blogue, “perdido en Hiroshima”, onde publica micro pezas de teatro. Nas súas palabras: “Vinte e oito anos antes do meu nacemento caeu a bomba. Camiño por un mundo devastado e, ao contrario que Williams, nunca confiei na bondade dos descoñecidos.”

1-Cal é o teu cómic preferido.

Fun Home (Alison Bechdel, 2006).

2-Licorcafé ou Gintonic

Gintonic de Plymouth.

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

As historias dos “Golfos Apandadores” no Don Miki. 

4-Que peli non te cansas de ver?

La madre muerta (Juanma Bajo Ulloa, 1993).

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Craig Thompson. 

6-Rolling ou Beatles?

Ainda que na madrugada podo exercer o moves like Jagger sonche máis de “Hey Jude”.

7-Superherois, manga ou europeo?

Europeo con debilidade polo biográfico. 

8-Churrasco ou sardiñada?

Por que teño que elexir? Alimentarse é marabilloso!

9-Un autor/a de bd galego?

Alberto Vázquez.

10-Un disco que adores.

“Segredo a voces” de Anubía. Que volvan gravar, por favor!

11-Tes un libreiro de confianza?

A cegas cos Couceiro. 

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

O chapeu de palla sempre será tendencia.  

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Todos os días leo por traballo ou por ocio. 

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

De sofá e moito protector solar. 

15-Astérix ou Tintín?

Tintín. Pero que deixen de adaptalo a non ser para facer xoias bizarras como “El misterio de las naranjas azules”.

16- Un viño que che guste especialmente?

Últimamente estou a establecer unha relación moi interesante cos godello. 

17-Recomenda un cómic.

Un? Non podo! El faro (Paco Roca, 2004), Píldoras azules (Frederik Peeters, 2001) ou Pinocchio(Winshluss, 2003).