Test Delirante – Fernando Tato

fernando-tato-metropoles-delirantesFernando Tato é actor e músico. Foi protagonista da serie diaria da TVG “O Faro”, e tamén participou noutras como “Libro de Familia” ou “Matalobos”, recentemente participou na serie Augasquentes. Guitarrista e cantante desde os 14 anos, no 2015 lanzou o seu primeiro disco en solitario, “El animal en mí”.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Non podería escoller un só. A verdade é que non creo que puidera escoller nin dez! Gustanme moitísimos. Por dicir algo: X-Men, Maus, Watchmen, Mortadelo e Filemón, Calvin e Hobbes, Superlopez, Batman,  podería estar así todo o día.

2-Licorcafé ou Gintonic.

Gintonic. O licorcafé é demasiado doce para min -ademais, có licorcafé sabes cando empezas pero non cando rematas 😉 

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Non. Supoño que sería Mortadelo, Asterix, Tintín ou Zipi e Zape que era o que había pola casa dos meus avós cando era neno. 

4-Que peli non te cansas de ver?

Moitísimas. Son un cinéfilo enfermo e cando me gusta algo vexoo unha e outra vez. Aquí van varias: O Padriño de Coppola , Goodfellas de Scorsese , O Home que puido reinar de Huston, O Apartamento de Billy Wilder, O Jovenciño Frankestein de Mel Brooks, buf, podería estar así todo o día -outra vez-

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Teño moitos pero por non volver a dar unha ducia de nomes vou dicir Alan Moore, que é un xenio absoluto.

6-Rolling ou Beatles?

Os Rolling Stones sen dúbida!!

7-Superherois, manga ou europeo?

Superherois e europeo. Non estou nada metido no manga.

8-Churrasco ou sardiñada?

Churrasco. Son absolutamente carnivoro.

9-Un autor/a de bd galego?

Luis Davila. Encántame. E son moi fan de Carlos Portela.

10-Un disco que adores.

Grace, de Jeff Buckley. É un disco que non me canso de escoitar. Ou calquera de Tom Waits.

11-Tes un libreiro de confianza?

A miña primeira parada sempre é Follas Novas, en Santiago. 

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Ningún. Non acabo de atopar o meu tipo de sombreiro. Son demasiado cabezón.

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Compulsivo.

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

Calquera sitio onde teña unha sombra, un libro e un reproductor de música.

15-Astérix ou Tintín?

Imposible escoller. Sería como escoller entre papá e mamá. 

16- Un viño que che guste especialmente?

El habla del silencio, por exemplo. É extremeño e está boísimo. 

17-Recomenda un cómic.

Vou recomedar tres: From Hell de Alan Moore e Eddie Campbell, Maus de Art Spiegelman e tooooooooooooooodas as tiras de Calvin e Hobbes de Bill Watterson.