Test Delirante – Jorge Coira

jorge_coiraJorge Coira, é director de cinema, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran liquidación e O matachín, en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O ano da carracha e no ano 2010 a excelente e multipremiada “18 comidas” que leva recibidos numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais, e estreada en salas en máis de 10 países de todo o mundo. Neste ano 2016 Gañou o Goya á mellor montaxe por El Desconocido de de Dani de la Torre.

 

1-Cal é o teu cómic preferido.

Hai moitos e escoller sempre é difícil. Pero, o primeiro que me vén á memoria como unha obra que realmente emocionoume e removeume por dentro foi Maus, de Art Spiegelman. Un clásico.

2-Licorcafé ou Gintonic.

Hai que escoller?

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Non… pero creo que probalmente fose algo de Disney. Lembro aqueles Don Mickeys que me entusiasmaban.

4-Que peli non te cansas de ver?

Aí si que hai centos!! Por dicir unha… Magnolia, de Paul Thomas Anderson. É unha das obras cumbres da historia do cine e ten a escena máis perfecta, imaxinativa, libre, intensa e complexa de todas cantas eu lembre.

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Hai moitos que me fascinan e de estilos completamente diferentes: Will Eisner, Peter Bagge, Miguelanxo Prado, Guy Delisle, Carlos Jiménez, Matt Groening…

6-Rolling ou Beatles?

Hai que escoller? Bueno, vale… Rolling.

7-Superherois, manga ou europeo?

Aquí si que non teño dúbida: europeo. Hai cousas de superherois e de manga que me interesan, pero síntome moito máis próximo aos autores europeos.

8-Churrasco ou sardiñada?

Os dous!!! Bueno, vale… churrasco.

9-Un autor/a de bd galego?

Carlos Portela (e Miguelanxo Prado, claro).

10-Un disco que adores.

Quadrophenia, de The Who.

11-Tes un libreiro de confianza?

Esta é fácil: o meu irmán Carlos, que ten a librería Trama, en Lugo. Un lugar máxico.

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Depende da ocasión, pero en xeral, son máis de chapeu de palla.

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Tirando a compulsivo, aínda que xa o fun moito máis do que o son agora.

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

En xeral tírame máis a montaña, pero o mar… o mar é moito mar.

15-Astérix ou Tintín?

Astérix.

16- Un viño que che guste especialmente?

Merlot, da bodega Planeta.

17-Recomenda un cómic.

Impresiones de la Isla, de Carlos Portela e Fernando Iglesias. Unha xoia que acaban de reeditar.