Pablo Auladell gaña o Premio Nacional del Cómic de España

paraisoperdido-metropoles-delirantesPablo Auladell ven de ser anunciado coma gañador do Premio Nacional del Cómic de España de  2016, pola obra El paraíso perdido. O premio é concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2015.

O xurado manifestou ter escollido esta obra polo “gran valor artístico e forza visual inspirada pola intemporal visión de Milton, o seu tratamento da color, o uso orixinal da iconografía e da narrativa que acada ao mesmo tempo ser arquetípica e plenamente actual”.

Biografía
Pablo Auladell Pérez (Alicante, 1972) é docente do Master Ars in Fabula e da AIF Summer School en Macerata (Italia). Ilustrou máis de trinta álbumes, novelas e bandas deseñadas.

Auladell realizou os primeiros fanzines en 1996 co colectivo autoral ‘La Taberna del Ñú Azul’, o seu primeiro álbum de banda deseñada, El camino del titiritero, foi nomeado ao premio ao Autor Revelación no Salón de Barcelona de 2002.

O seu traballo foi recoñecido co premio do Ministerio de Cultura ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís en 2005 por Peiter, Peter e Peer e otros contos de Andersen, e o galardón ao Autor Revelación no Salón del Cómic de Barcelona de 2006 por La Torre Blanca (2005).