Test Delirante – María Solar

maria-solarMaría Solar é escritora e xornalista. Sempre centrada no mundo da comunicación, principalmente en radio e televisión, tamén colaborou en prensa e revistas. Acadou varios premios polo seu labor profesional na televisión e na radio. Como escritora é unha das máis recoñecidas da nosa terra e a súa obra, tanto xuvenil coma adulta, está traducida a varios idiomas. O seu último libro publicado é As Horas Roubadas.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Un feixe deles, por exemplo Sin City, a peli tamén, aínda que non lle gustou a moitos.

2-Licorcafé ou Gintonic.

Eu son de Gintonic!!! Ao licor café doulle outros usos. 

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Lin comics antes que ningunha outra cousa, era lectora compulsiva, feixes e feixes, traíamos meu irmán e devoraba todos os que estaban daquela no quiosco ao alcance dos nenos. Nin idea de cal foi o primeiro. Incluso lembro un Julio Verne con parte en comic e parte en letra!

4-Que peli non te cansas de ver.

Todas as de El Padrino.

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Non podería elexir e dígoo sinceramente, respectoos e admíroos a todos, ata os que non me prestan pero son talentosos. 

6-Rolling ou Beatles?

Beatles para facer historia e Rolling para irlles aun concerto.

7-Superherois, manga ou europeo?

Manga non. Eu quedo coas historias negras, escuras, os superheroes nunca cansan, pero as chuladas que se están a facer en Europa son alucinantes, parécenme máis de autor.

8-Churrasco ou sardiñada

Churrasco e en todo caso xoubiñada no verán. 

9-Un autor/a de bd galego?

Tirso Cons, por exemplo. Paréceme moi grande. 

10-Un disco que adores.

Tantos… Escoito moita música actual que me vai
caendo nas mans, pero ao final sempre levo no coche un recompilatorio de Red Hot Chili Peppers e Healing Game de Van Morrison.

11-Tes un libreiro de confianza?

Teño moitos libreiros de confianza e cómplices cos meus libros, e amigos que me recomendan lecturas. 

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Chapeu de palla no verán, si.

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Compulsiva ocasionalmente.

14-No verán es máis de praia ou de montaña?
De praia. 

15-Astérix ou Tintín?

Sempre Asterix (isto vaime costar un disgusto cunha boa amiga).

16- Un viño que che guste especialmente?

Un godello, Gui
ián, por exemplo, o fermentado en barrica, mellor. 

17-Recomenda un cómic.
 Pois xa postos “A mansión dos murmurios” de Tirso Cons que a hai en galego.