Abertas as convocatorias do FunFunFun 2016

cartaz-fun16-metropoles-delirantesComa o apalpador, polo nadal volve o FUN FUN FUN! (O Movidote de Autoedición de Compostela).

Os días 16 e 17 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), e desde 11:00 a 21:00 terá lugar o FUN FUN FUN, para o que abrimos convocatoria a partir de XA. Creadores, editores, impresores, afeccionados, fanáticos e curiosos: arreconchegádevos.

Queremos o vosos papeis manchados e cosidos, os vosos escritos románticos, os vosos tebeos feitos con manley, os vosos fanzines colaborativos e as vosas movidas indefinibles.

Pero desde o FUN FUN FUN tamén entendemos que coa edición gráfica non morre o conto, e queremos dar cabida a outros medios, espazos e formatos da edición alternativa. Deste xeito, nesta segunda edición do mercado reduciremos un chisco os metros adicados ao papel, porque pretendemos que traiades tamén a vosa música, a vosa roupiña, a vosa filatelia, o voso extraño montaxe en vhs e a vosa movida indefinible con rodas.

CONVOCATORIA “MERCADO”

Para solicitar sitio no Mercado de Autoedición, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor, adxuntade:

  • O nome do participante, participantes, ou grupo de participantes.
  • Unha descripción da vosa proposta.
  • Unha estimación do volume que ocupariades (calcúlanse, de media, espazos de 0,70 x 0,70 cm, pero todo é falalo. Agradecerase sinceramente que os grupos e autores que xa son amiguetes fagan por compartir espazo. Xa sabedes como vai).
  • Un link a algún lugar da ciberautopista da información no que se poida observar o voso traballo, de existir.

A convocatoria estará aberta ata o día 17 de novembro, e durante a semana do 21 ao 25 de novembro publicaremos o listado de participantes no noso evento de Facebook.

CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”

O 17 de decembro imos celebrar o combate de debuxantes do FUN FUN FUN.

Se queres participar envianos un email.

Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).