Metrópoles Delirantes 64 – Xaquín Marín – BDG70, A revolta do cómic galego

Esta é unha emisión especial, gravada na sala Normal da Universidade da Coruña, na exposición BDG70 – A Revolta do Cómic Galego. No ano 1973 tivo lugar, na sala Normal a primeira exposición de BD Galega, agora máis de corenta anos despois volve a haber unha exposición de Banda Deseñada. BDG70, a revolta do cómic galego. Xa era tempo de lembrar o traballo daqueles precursores da BD galega moderna, moitos anos esquecidos, mais hoxe, facémoslles xustiza e agradecemos volvendo a ensinar a súa obra o que fixeron pola BD Galega e pola cultura propia en tempos nos que ter compromiso coa terra e o noso país era, cando menos, perigoso. Falaremos cun dos protagonistas desta primeira época da BD galega moderna e porén desta exposición, referente do cómic, o humor e a retranca, o mestre Xaquín Marín. Faremos un faladoiro con Manel Cráneo, Xulio Carballo e Margarita Amor, responsábeis de esta magnífica, e tamén, necesaria exposición e homenaxe aos pioneiros da nosa BD. Remataremos cunhas recomendacións para agasallar neste Nadal.

As músicas desta emisión son:

  • Ataque Escampe – Os problemas crecen.
  • Los Tamara – A outra nai.