Cosey é o gañador do Grand Prix de Angouleme

Este mércores comezou o festival de Angouleme e fíxoo facendo público o nome do vencedor do Grand Prix que é o autor suízo Cosey, impoñéndose na votación aos outros dous candidatos, Manu Larcenet e Chris Ware.

Cosey é o nome artístico do debuxante e guionista Bernard Cosendai, é autor da coñecida serie Jonathan (Ponent Mon), que foi publicada dende 1975 na revista Tintín, tamén é autor de ‘El viaje a Italia’, ‘A la búsqueda de Peter Pan’ y de ‘Saigon / Hanoi’. Tal e como manda a tradición, Cosey presidirá a vindeira edición do festival.

O festival tamén fixo unha homenaxe a Goscinny guionista e creador xunto ao debuxante Uderzo do galo máis coñecido no orbe. Este ano cúmprense 40 años do seu pasamento e para lembrar ao xenial guionista foi erixido un obelisco que ten gravadas citas e frases das súas obras. Nesta edición amais da homenaxe a Rene Goscinny lémbrase a Will Eisner autor de The Spirit, do que se cumpren cen anos do seu nacimiento.

Amais recoñeceuse co premio Goscinny, a Emmanuel Guibert, autor de magnificas obras como ‘La guerra de Alan’, ‘La infancia de Alan’ ou a excelsa ‘El fotógrafo’ (xunto a Lefèvre e Lémerciér) obra que mestura debuxo e fotografía para contar a
historia autobiográfica do fotógrafo profesional Didier Lefèvre na súa viaxe entre Pakistán a Afganistán acompañando a unha delegación de Médicos Sen Fronteiras.

Este ano é o primeiro no que se aplican os cambios que unha comisión estableceu para que non se repita a polémica do sexismo do festival da pasada edición, unha destas medidas é que o xurado que decidirá, mañá sábado o gañador da Fauve d’Or, está presidido pola debuxante Posy Simmonds e formado por catro mulleres e tres homes.