Psiconautas, los niños olvidados

O vindeiro 24 de febreiro estrearase nos cines a película “Psiconautas, los niños olvidados“. O filme, que está nomeado aos premios Goya 2017 na categoría de Mellor Película de animación, foi dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e está baseado na novela gráfica orixinal do mesmo título do propio Alberto Vázquez, a fita é unha coprodución entre a produtora galega Zircozine e Basque Films.

“Psiconautas, los niños olvidados”, continua o camiño iniciado coa curtametraxe “Birdboy”, que baseado igualmente nun libro de Alberto Vázquez do mesmo título, obtivo en 2012 o Goya á Mellor curtametraxe de animación.

Sinopse:

Despois dunha terríbel catástrofe ecolóxica na illa que habitan, Birdboy e Dinki perderon aos seus pais. Houbo un tempo no que afrontaron xuntos a súa dor, pero Birdboy vive agora illado no bosque, consumíndose, e alleo a que Dinki decidiu emprender unha arriscada viaxe na busca dun lugar mellor. Birdboy terá que loitar contra os seus demos interiores si quere unirse a Dinki a tempo de axudala na súa aventura e salvarse a si mesmo.