Convocados os Premios Curuxa do humor 2017

CATEGORÍAS E PARTICIPACIÓN

  • Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
  • Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de ata 25 anos residente no Estado español.

As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA NOVA.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

TEMÁTICA

Nas dúas categorías, temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.

CARACTERÍSTICAS DA OBRA

Teñen que ser orixinais, de creación propia e inéditos.
As dimensión máxima é 29,7×42 cms (A3).

LINGUA

Os traballos a concurso teñen que estar en lingua galega. Admítense traballos de humor mudo.
Tamén se admitirán traballos en calquera das linguas oficiais do Estado (castelán, catalán, euskera) aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar xunto coa documentación requirida nas Bases, a tradución ao galego.

PREMIOS

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos).

  • 1º Premio, dotado con 2.000 euros e diploma.
  • 2º Premio, dotado con 1.500 euros e diploma.

Categoría CURUXA-NOVA (menores de 25 anos).

  • 1º Premio, dotado con 1.000 euros e diploma.
  • 2º Premio, dotado con 500 euros e diploma.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Até as 23:59 h do día 30 de maio de 2017.

ENDEREZO DE ENVÍO DOS ORIXINAIS

A presentación de orixinais a concurso efectuarase no Rexistro Xeneral do Concello de Fene ou por calquera outra forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común.

O enderezo para o envio postal é o seguinte:

Rexistro Xeral do Concello de Fene.
R/ Alcalde Ramón Souto González, s/n.
15500 Fene.
A Coruña.

As bases completas aquí.

2 reflexións sobre “Convocados os Premios Curuxa do humor 2017

Os comentarios están pechados.