Convocada a XI edición do Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Salamandra

Resumo das Bases da convocatoria:

  • Poderán optar ó Premio tódolos autores, de calquera nacionalidade ou procedencia, maiores de 18 anos.
  • Poden estar escritas en calquera idioma.
  • Sexan orixinais e rigorosamente inéditas e non correspondan a autores falecidos con anterioridade ó anuncio desta convocatoria.
  • Non foran premiadas anteriormente en ningún outro concurso.
  • A modalidade a presentar a concurso é a banda deseñada, no seu formato novela gráfica. Cada autor debe enviar unha proposta de libro cun mínimo de dezaseis (16) páxinas rematadas; cunha extensión final, para quen resulte gañador, de un mínimo de noventa e seis (96) páxinas.
  • Poderá ser presentado en branco e negro ou cor, axuntando un dossier que conteña as dezaseis (16) paxinas rematadas, co seu correspondente título, en copias impresas en formato DIN-A4, máis unha sinopse detallada (de dúas páxinas) co contido da historia completa.
  • E-mail de contacto para dubidas e preguntas: premio@salamandra.es
  • O prazo de admisión de propostas quedará pechado o venres 1 de decembro de 2017.
  • O xurado reunirase a finais de 2017 e o resultado comunicarase en xaneiro de 2018. O autor que resulte gañador comprometerase a entregar o proxecto rematado na derradeira semana de xuño de 2018. A obra gañadora publicarase a finais de 2018.
  • Fnac entregará un premio único e indivisible de 10.000 (dez mil) euros en dous pagos: o 50% do importe despois da comunicación do resultado; e o 50% restante cando se publique). A proposta gañadora, unha vez íntegramente desenvolvida, será publicada pola editorial Ediciones Salamandra.

Bases completas aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *