Convocatoria do Autobán 2017

Xa estamos preto das datas do festival onde gozar das propostas creativas de fora do circuíto comercial o Autobán é un microfestival adicado á BD autoeditada e de autor.

Que vos ofrece Autobán?

En Autobán poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival que se desenvolverá ao longo do sábado 12 de agosto de 2017. Ademáis, a noite anterior, a do venres 11, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. Esta actividade non é obrigatoria.

A participación en estas actividades é libre e gratuita.

Quen pode participar no Autobán?

A intención é dar cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e a propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica.O espazo é limitado, e farase unha selección seguindo criterios o máis obxectivos posíbeis.

Cando será o Autobán?

O evento desenvolverase o venres 11 e o sábado 12 de agosto de 2017, coincidindo co último fin de semana do Viñetas desde o Atlántico.

O primeiro día será a inauguración do festival cunha breve presentación seguida dunha serie de actividades, como o Brilé Brutal (campeonato informal de balón prisioneiro), o Autobombo e o Combate de Debuxantes. Na segunda xornada montaremos o Mercadillo de fanzines, Charlas e un taller enfocado aos cativos.

Onde se desenvolverá o Autobán?

Tódalas actividades do venres terán lugar en Nave 1839, situada na estación de tren da Coruña (como chegar). As actividades do sábado desenvolveranse en varios bares próximos da rúa Orzán, distribuindo o mercado ao longo de distintos establecementos. As charlas e as actividades para nenos realizaranse concretamente no bar La Maleta (Orzán 170).

Como participo no Autobán?

Se queres apuntarte tes que cubrir este FORMULARIO DE INSCRICIÓN. O prazo para inscribirse é ata as 23:59 horas do luns 24 de xullo de 2017; as solicitudes fora de prazo non serán tidas en conta.

Tamén é preciso confirmar si queres participar no Autobombo que se celebrará a noite do venres 11 de agosto.

Cales son as responsabilidades dos participantes?

No Autobán a organización porá os elementos precisos para o desenvolvemento das actividades, como poden ser mesas, cadeiras e outros elementos necesarios, pero é necesario que todos os participantes no Mercado de fanzines se comprometan a atender o seu posto o sábado 12 dende as 12:00 ata as 22:00 horas. Amais, terán que presentarse no local media hora antes do inicio do mercado co fin de montar o seu posto. Cada un será responsable do seu espazo e do material que leve.

Si vos apuntades ao Autobombo é preciso que  facilites unha serie de imaxes para montar as presentacións e que esteades en Nave 1839 con 20 minutos de antelación con respecto ao inicio do evento.