Debuxos por sorrisos

Debuxos por sorrisos é unha iniciativa da Asociación Creativos en Acción, que con este  proxecto pretende recadar donativos para axudar a cubrir as necesidades básicas en  campos de refuxiados repartidos arredor de toda Europa. Moitos artistas aportan o seu arte, debuxos que se converteran mediante a solidariedade nunha gran axuda. Todo dun xeito transparente e correctamente auditado. Cada aportación chega de forma íntegra ao seu destino.

Cada debuxo que elixas, transformarase en axuda directa para un proxecto solidario nunha zona necesitada. Estufas para o frío inverno, mosquiteiras para o verán, lápises e cores para o cole…  Así de sinxelo. Así de doado. Así de solidario.

A cambio da túa axuda, podes descargar o debuxo seleccionado e utilizalo para o que máis che guste. Un cadro na parede, unha bonita camiseta, unha cunca para aledar o café de cada mañá. O que queiras… Ti elixes. Os artistas cédencho de todo corazón pola túa enorme axuda e solidariedade.

 

Os cartos recadados dende Debuxos por Sorrisos é xestionado pola asociación Creativos en Acción e será destinado a accións solidarias concretas nos seguintes campos de persoas refuxiadas:

  • Campo de Lagkadikia (Grecia).
  • Campo de Veria.
  • Campo de Ritsona.
  • Openarms.
  • Bienvenidos refugiados.