Primeira edición do Premio Literario de Novela Gráfica-Ciudades Iberoamericanas

A Unión de Ciudades de Capitales Iberoamericanas convoca a primeira edición do Premio Literario de Novela Gráfica-Ciudades Iberoamericanas que ten como obxectivo fomentar as expresións culturais que xiran en torno ás dinámicas da cidade.

Este é un resumo das bases:

Participantes

  • Poderán participar autoras e autores de calquera nacionalidade, maiores de 18 años.
  • As obras presentadas deben estar escritas en lingua castelá ou portuguesa, ser inéditas (non publicadas como libro, libro electrónico, en internet ou revistas) e non ter sido premiadas anteriormente.

Temática

  • As obras presentadas deberán estar ambientadas nas dinámicas urbanas, entendéndose éstas como as manifestacións que teñen lugar na cidade.

Formato e extensión

  • As obras deberán ser enviadas en arquivo PDF en tamaño DIN A-4.
  • Poderán ser presentadas en branco e negro ou a cor.
  • Cun mínimo de 48 páginas e un máximo de 128.

Envio

  • Enviaranse dous arquivos separados, cada un a un enderezo de correo electrónico diferente, do xeito que se indica a continuación:
  1. O primeiro arquivo conterá a obra, o título e irá  asinado baixo seudónimo, enviarase á: novelagrafica@ciudadesiberoamericanas.org
  2. O segundo incluirá o título da obra, seudónimo, nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, documento de identidade e teléfono de contacto. No asunto do correo porase o título da obra e enviarase a: plica@ciudadesiberoamericanas.org

Premios

  • Os premios serán en metálico.
  • A editorial Sexto Piso encargarase da edición impresa e electrónica da obra, así como da distribución por todos os países que compoñen a comunidade iberoamericana.
  • A cuantía do premio será de 6.000 euros, en concepto de pago de anticipo de dereitos de autor. O importe do Premio estará suxeito á lexislación que en materia de retencións sinale a normativa  fiscal española.
  • Adicionalmente entregaranse dous accésits de 1.000 euros e realizarase unha exposición con todos os traballos premiados.Un dos premios reservase para un/unha menor de 35 años (a 31 de agosto de 2017).
  • A organización cubrirá os gastos de viaxe das autoras ou autor es premiados.
  • A obra premiada publicarase en castelán.

Datas

  • Os traballos poden ser enviados ata o 31 de agosto de 2017.

Xurado

  • O Xurado estará composto por cinco persoas destacadas do mundo cultural e literario iberoamericano. O Premio non poderá ser declarado deserto.

Cesión de dereitos

  • A gañadora ou ganador  asinará un contrato coa editorial no que cederá os dereitos exclusivos de explotación da obra en calquera formato e modalidade para todo el mundo. Esta cesión de derechos extenderase polo prazo máximo de duración que para cada modalidad estaza a lexislación aplicable.

As bases completas aquí