Autobán 2017

Os vindeiros 11 e 12 de agosto celebrarase a edición de verán do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. Medio cento de creadoras e creadores porán á venda as súas creacións neste encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre e xa tradicional Combate de Debuxantes.

O Autobán é unha cita inexcusable para os amantes dos fanzines e do cómic independente. Este ano amais dos nomes habituais do panorama galego, sumaranse promotores de proxectos autoeditados desde Portugal, Castela e Levante.

Este ano o festival terá dúas localizacións.

Venres 11 – Nave 1839

Como chegar ->    http://nave1839.org/gl/como-chegar/

Horario: 17:30 – 22:00 aprox.

  • 17:30 – Brilé Brutal
  • 18:30 – “A alucinante imaxe gráfica do FKM”
    Retrospectiva arredor da imaxe gráfica do FKM, cos directores deste festival cinematográfico e os seus ilustradores.
  • 19:30 – Autobombo
    Micropresentacións multimedia de 18 proxectos participantes neste Autobán.
  • 21:00 – Combate de debuxantes
    Oito deseñadores improvisan debuxos en roldas sucesivas, votadas polo público até dar un vencedor. Clímax da xornada ateigado de concorrencia.

Sábado 12 – La Maleta + Ledicia + A mi manera + 13 (Rúa Orzán)

Como chegar ->    http://bit.ly/2uVgyzV 

Horario: 12:30 – 22:30 + festa posterior

  • 12:30 a 22:30 – Feira de fanzines.
  • 17:00 – Minibán (No café Ledicia)
    Actividade infantil
  • 17:00 – “Más allá del telón de grelos” (No Bar La Maleta)
    Mesa redonda sobre o panorama dos fanzines desde o Atlántico ao Mediterráneo. Con participantes de Cataluña, Valencia e Murcia.
  • 18:00 – “Sálvame BD” (No Bar La Maleta)
    Revista de actualidade sobre a banda deseñada.
    Con Cynthia Alfonso (autora), Euler (Foster Ediciones), Esteban Yáñez (divulgador); modera Señor B (Metrópoles Delirantes).
  • 20:00 – “Abrindo portas, pechando feridas: Novas olladas feministas sobre a BD” (No Bar La Maleta)
    Situación e problemáticas das mulleres que fan cómic.
    Con Natacha Bustos, Emma Ríos, Xulia Vicente (autoras); modera Bárbara G Vilariño (Pikara, Club Queeruña).
  • 22:30 – Pecha a feira de fanzines
  • 01:00 – Comeza a gran festa de despedida no Bar 13 (rúa do Orzán nº 115).

Haberá sorteos, debuxos ao vivo, diversión e sesión DJ con Super Noodles.

EXPOSICIÓN “Lotería mexicana” no bar La Maleta (Orzán 170)
Ademais, exposición de lustracións para unha nova versión da “Lotería mexicana”, composta por 54 cartas de distintos autores e comisariada por Roger Omar.

Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre.