Arquivo da categoría: ACDCómic

Esenciais 2016 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda ronda dos ‘Esenciales 2016’ que cos xa elixidos no primeiro semestre, resulta nos 50 cómics máis destacados para o colectivo durante o pasado ano.

O listado recolle as novidades publicadas entre xullo e decembro de 2016. A selección da ACDCómic reflicte a excelente colleita de novidades de autores españois na segunda metade do ano. Así, inclúe obras como como ‘Lamia’, de Rayco Pulido; ‘La grieta’, de Carlos Spottorno y Guillermo Abril; ‘Jamás tendré 20 años’, de Jaime Martín, ou ‘Intemperie’, de Javi Rey. Este listado ten representantes de autores de Europa, Estados Unidos e Xapón, con títulos que van dende a recuperación de obras clásicas (‘Philémon’, ‘¿Quién es el 11º pasajero?’) ata apostas de vangarda (‘Beverly’), pasando pola BD xuvenil (‘Leñadoras’) ou thriller (‘El sheriff de Babilonia’), entre outros.

Esta selección presentase como una ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e todo tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas con independencia do seu éxito comercial. A lista de títulos vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra.

Esenciais 2016 da ACDCómic (1º semestre)

esenciais-acdcomic-1er-semestre-metropoles delirantesA “Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic” ven de publicar a primeira quenda dos seus Esenciais 2016, unha selección de cómics coa que esta organización pretende chamar á atención sobre algunhas das obras máis destacadas das editadas no estado.

A lista de ‘Esenciais’ preséntase coma unha guía de lectura, e pódese ver en acdcomic.es/esenciales2016. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2016, elixidas en votación por 43 dos integrantes da ACDCómic.

A selección contén unha variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado na primeira parte do ano. Así, hai clásicos como ’13, Rue del Percebe’, de Francisco Ibáñez, recuperado a primeiros de ano en edición integral; obras de autores españois consagrados, coma ‘El ala rota’, de Altarriba e Kim, ou ‘Crisálida’, de Carlos Giménez; tamén apostas de vangarda, coma ‘Sirio’, de Martín López Lam, e mesmo tebeos publicados directamente na rede, coma ‘¡Universo!’, de Albert Monteys. Tamén temos representación galega co I.D. de Emma Ríos e o Presas Fáciles de Miguelanxo Prado.

Esta selección presentase coma unha ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e calquera outro tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas. A lista vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra elixida, que a sitúan e contextualizan axiña, amais de accesos directos a recensións e comentarios realizados por membros da asociación para diferentes soportes e medios de comunicación.